luns, 26 de outubro de 2020

"Samaín"

Chega o Samaín, este ano un pouco diferente, o cole non lucirá este curso os seus corredores cheos de cabazas, esqueletos, teas de arañas, morcegos... pero aínda así o espirito desta celebración non vai faltar. Xa está aquí o tempo de contar e cantar terroríficas historias.

Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se estades interesad@s na súa orixe premede no seguinte enlace:

No cole, para celebralo, o venres podemos vir disfrazados, e ao longo da semana disfrutaremos cos contos, cancións e outras actividades que organizaremos nas aulas.
Na biblioteca temos moitos contos de bruxas, monstros, vampiros... dará medo abrilos???
Disfrutade co seguinte vídeo, cheo de algúns deses personaxes.

 
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a todas as persoas  que elaboraron estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

domingo, 18 de outubro de 2020

¡¡¡E xa listos para comezar!!!

Ola a todas e todos
Supoño que me recordades, son eu, ¡¡¡PIQUÍN!!!
¡Teño xa todo disposto para abrir de novo! 
Estou desexando que veñades visitarme, aínda que este ano teremos que seguir as instrucións da biblioteca con moita atención.
Non estará aberta nos recreos, pero si de xeito diferente ao longo da mañá.
Quero presentarvos a proposta que temos para este ano.
O título do novo proxecto é: 
"CO CAMBIO TODO CAMBIA"
¿Sabedes xa sobre que imos investigar?
Pois si, sobre o Cambio Climático, algo que me ten moi preocupado nestes últimos anos. E imos comezar con algún vídeo que nos fará pensar:

 


 
E por último, quero que vexades como está distribuida a biblioteca. Este ano, cada nivel terá o seu recuncho de uso, é importante que sexamos quen de respectalo.