luns, 21 de xuño de 2021

"Bo verán 2021"


Xa está aquí o verán, pero antes de marchar queremos agradecer a toda a comunidade educativa, adultos e rapazada, no cole e na casa, o traballo e esforzo realizado ao longo deste curso. 
Sabemos que foi un ano intenso, con moitas novas normas e sempre alerta, agora toca descansar. 
A todas e todos aqueles que comenzades unha nova etapa, MOITA SORTE no voso camiño.
E Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións!!!
Aos que ides seguir en setembro, grandes e pequenos, agardamos vervos con moitas novidades e, por suposto, un novo proxecto por diante.
¡¡¡Bo verán!!!

"Contos dos nenos e nenas de 6º"

Os nenos e nenas de 6º rematan a súa etapa no cole. Antes de marchar quixeron agasallarnos con fermosas historias contadas para os máis pequenos.

Un grupo, decidiu crear as súas propias historias para contar, aquí volas deixamos:



 


O outro grupo, fixo 2 estupendas versións dos seguintes contos:

 
Moitas Grazas a todas e todos eles e Moita Sorte no seu camiño.
Clicando na seguinte imaxe podedes ver as fotos destas xornadas:


venres, 4 de xuño de 2021

"Lecturas para este Verán 21"

Xuño chegou e as vacacións de verán a puntiño están. Ben quentiñas aínda, aquí van as nosas recomendacións de lectura para acompañar aos vosos plans. Podemos ler na praia, na casa, no xardín, no parque, no monte...e sempre viaxar lonxe, moi lonxe, ata o espazo e máis alá, cun bo libro nas mans.