O equipo de biblioteca quere presentarvos os novos materiais que temos para vós. A partir deste mes de febreiro contaremos con:
- Libros electrónicos para o alumnado do 3º ciclo cos que descubrir outros tipos de lectura e axudar así no desenvolvemento da competencia dixital.
- Novos desafíos para todos, aqueles que gustades dos retos temos varios esperando. Trátase de diferentes xogos manipulables que suporán un gran desafío para todos aqueles que vos atrevades a probalos.
Esperamos que disfrutedes destes novos recursos e deixedes os vosos comentarios e suxestións na Caixa de Correo de Piquín, deste xeito, entre tod@s colaboraremos para seguir mellorando o funcionamento da nosa biblioteca.
Este martes, 30 de Xaneiro, celebraremos no cole o Día Escolar da non Violencia e a Paz.
Este ano, relacionado con esta data, un dos aspectos que se pretende resaltar é o rol das mulleres indíxenas na construcción de redes que sosteñan as súas sociedades. Tamén neses días, concretamente o 28 de Xaneiro, a ONU proclamará oficialmente o ano 2019 como "Ano Internacional das Linguas Indíxenas".
Tendo en conta ambas propostas, no cole desenvolveremos actividades como:
- Investigar arredor da labor das mulleres indíxenas destacadas na Revista Emancipa
- Traballar con vocabulario relacionado coa Paz en diferentes línguas indíxenas
- Elaborar listados de vocabulario utilizando pictogramas
Ademais na biblioteca contaremos cunha exposición de contos relacionados con esta temática e ao longo da semana, nos recreos, proxectaremos o documental:
"25 camiños perigosos cara a escola".
Ao longo da mañán do día 30 todos os cursos sairán ao patio, alí elaboraremos entre todos a palabra PAZ. Entre outras actividades poderemos disfrutar dunha actuación de percusión do alumnado do 3º ciclo da canción "Si me voy" e da canción "Viva a xente" cantada por todos.
Aquí deixamos os vídeos de ambos temas para que poidades ir practicando:
Na etiqueta
RECURSOS na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou... premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña
Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.