martes, 30 de maio de 2023

"Recomendacións lectoras verán 23"

Xa estamos en xuño e aínda que nos quedan un par de semanas para as vacacións de verán, aquí tendes as nosas recomendacións lectoras deste ano. 
Agardamos que as desfrutedes vaiades onde vaiades: praia, bosque, parque, cidade... calquera lugar serve para ler e se queredes tamén compartir.

sábado, 27 de maio de 2023

"Letras Galegas, actividade na biblio"

A celebración das Letras Galegas coa xincana na biblio fixo que a actividade non parase ao longo de 2 semanas neste espazo.
Participaron todas as titorías e todo o mundo acadou a meta resolvendo as 3 tarefas propostas. Ao rematar cadaquén recibiu a súa Medalla por participar. 
O día 11 os recunchos estaban preparados e o alumnado disposto para comezar.




E debaixo unha mostra da participación do alumnado de 6º de Primaria nas súas derradeiras Letras Galegas no cole :



Unha das tarefas propostas tiña como obxectivo a elaboración dun mural con retratos das persoas homenaxeadas ao longo dos 60 anos das Letras Galegas. Para ver máis imaxes da participación nestas xornadas podedes acceder á Galería da web do centro clicando na seguinte imaxe co resultado final dese mural:


xoves, 11 de maio de 2023

"Mes do libro no cole 2023"

Este ano realizamos diferentes actividade no mes de abril para celebrar o "Mes do Libro" no centro.
Houbo actividades para todas e todos e aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Saída da biblioteca ao patio:






Apadriñamentos lectores:








Exposición "Mundo Pokémon":