Fátima Mernessi
Da man da biblioteca do CEIP Campolongo chega esta proposta feita polas Escolas Asociadas Unesco de Galiza:
- Traballar arredor da figura de Fátima ou Fatema Mernissi ao longo do mes xaneiro.
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral". "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.
Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.
Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.
Defensora dos dereitos da muller
Ao regresar a Marrocos nos anos setenta tras completar os seus estudos no estranxeiro, Mernissi deuse conta de que, máis que converterse en experta no seu traballo, o que necesitaba primeiro era defender os seus dereitos para estar plenamente nese traballo, e para iso tivo que volver revisar os textos coránicos.
Tras un minucioso estudo das diferentes versións do Corán, Mernissi lanzou o seu máis soada afirmación: o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senón outros homes, quen empezou a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase. Escribiu "O harén político" con estas teorías, enfureció ao réxime e o libro converteuse no único libro prohibido en Marrocos (aínda hoxe), aínda que noutros países musulmáns, como en Siria, obtivo gran éxito. "El velo y la élite masculina" , publicado en 1987, foi outro dos seus estudos censurados en Marrocos e nalgúns países musulmáns. A socióloga marroquí foi tamén una das primeiras en dicir publicamente que a educación da muller nos países en vías de desenvolvemento é o mellor anticonceptivo existente.
Seu é un dos primeiros estudos realizados a principios dos anos oitenta no que se demostraba cientificamente a correlación entre a alfabetización da muller e o índice da natalidade. En Marrocos, por exemplo, e tal como ela mesma explica no seu libro "Marrocos a través das súas mulleres" , de cinco fillos nas mulleres non alfabetizadas pásase a dúas nas alfabetizadas. As súas investigacións neste sentido foron de gran utilidade para as comisións especializadas das Nacións Unidas.
Noutro dos seus libros traducidos en España, "O poder esquecido", "As mulleres ante un islam en cambio", recompilou unha serie de artigos escritos nos anos oitenta e principios dos noventa que tentaban responder, desde diferentes ángulos, á pregunta que a obsesionaba por aquel entón: por que os Estados árabes son tan hostís ás mulleres? Por que non as poden ver como forza motriz do progreso? «Non comprendín o misterio da hostilidade estatal cara á muller -afirmou nunha ocasión- ata que estalou a guerra do golfo Pérsico. Foi entón cando se viu claramente que non se trataba dunha guerra contra a feminidade senón dunha guerra contra a democracia.»
Loitadora infatigable
Mernissi compaxinou as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora e as incontables invitacións que recibe de todo o mundo para dar conferencias e presentar os seus libros (toda a súa extensa obra foi traducida a varios idiomas e moitos dos seus títulos son textos obrigatorios no ámbito universitario).
O seu entusiasmo, como a súa risa, é unha das súas características máis destacadas. Tiña unha estraña capacidade para tomalo todo con imbatible ánimo, para converter unha derrota nun triunfo. Como, por exemplo, o tema da súa imaxe. Fátima procurou non saír na televisión e poucas veces se deixa retratar nos xornais e as revistas de maneira que o seu rostro sexa reconocible: afai poñerse un pano ou a taparse un ollo ou a boca ou algunha parte da cara.
Sen dúbida, esta é unha medida de prudencia máis que necesaria para os tempos que corren. Pero Fátima négase a admitir esa limitación da súa liberdade, o recoñecemento da presión dos integristas musulmáns, e prefire dicir que lle gusta manter o anonimato para poder investigar mellor e non ser recoñecida pola rúa e que ao retratarse así está a construír un símbolo da situación da muller árabe, que non é do todo libre para falar, ver e ser, á vez que converte os seus retratos nunha parte máis da súa loita e da súa mensaxe.