sábado, 30 de abril de 2022

"Piquín Horticultor"

O venres, Piquín recibiu un agasallo mooooooi especial😀

Diego, Adrián e Clara trouxéronlle un fermoso cadro de parte deles e a súa familia. Trátase dunha reprodución en madeira do noso Piquín Horticultor. 
Piquín quedou encantado, é un verdadeiro pracer verse reflectido nun traballo tan lindo e delicado.
¡¡¡Moitíiiiiisimas GRAZAS Diego, Adrián, Clara e familia!!!




venres, 29 de abril de 2022

"Apadriñamentos no Mes do Libro 2022"

O mes de Abril acabou cunha linda sorpresa para os máis pequenos e pequenas do cole.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria preparou con moito agarimo contos para contar no patio ao 1º ciclo e Ed. Infantil. Aproveitando o bo tempo, saímos e poidemos desfrutar da escoita e da súa compañía. Gustounos moito escoitalos. 
Grazas a todas e todos por compartir ese ratiño.


venres, 1 de abril de 2022

"Mes do libro 2022"

Como cada ano ao longo deste mes de abril  temos de protagonista: "O LIBRO".
Neste mes recordamos títulos e por suposto autores que están na mente de todos e todas. Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenos e nenas. A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todos os nenos e nenas que os axuden a medrar como lectores e como persoas.        

23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.

Ao longo deste ABRIL e para celebrar estas datas especiais, teremos no cole as seguintes actividades:
- Apadriñamento lector por parte do alumnado do 3º ciclo
- Exposición de fichas técnicas de plantas de Horto-Xardín feitas coa colaboración das familias
- Exposición temática e de novidades relacionadas co libro
Agora e para endulzar estes días, aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura