Despois de levar máis dun mes na escola, compartindo experiencias, xogando xuntos, colaborando cos compañeir@s, coñecendo os novos espazos e moitas cousas máis... A profe Mayra decidiu xuntar todos estes momentos nunha película.
Xa nos contaredes que vos parece.
Editado por Mayra. Ed. Infantil 4ºB
luns, 31 de outubro de 2011
domingo, 23 de outubro de 2011
O Samaín
Xa chega o Samaín, meigas, pantasmas, esqueletos e cabazas. Se facedes click na imaxe podedes acceder a moi variadas actividades, todas elas recollidas na páxina de recursos do C.E.I.P. Víctor Sáenz. Grazas a todos os que colaboraron neste traballo.
martes, 4 de outubro de 2011
O outono
O outono chegou, tempo de castañas, tempo de cabazas e tamén de disfrutar coa paisaxe que se nos ofrece nestas datas.
Se queredes xogar co outono, facede click na seguinte imaxe e atoparedes interesantes actividades:

luns, 3 de outubro de 2011
Apertura da biblioteca
Esta semana abre a nosa biblioteca.
A partir do luns poderedes disfrutar do seu uso na hora do recreo. Tamén podedes visitala nas horas establecidas de titoría, e os luns, mércores e xoves polas tardes de 16´30 a 18´30. Recordade que nesas horas da tarde, os menores de 9 anos tendes que vir acompañados dun adulto.
Para facilitar o uso nos recreos dividimos a semana por cursos.
Os luns e os mércores correspóndelle a 1º e 2º de primaria. Os martes e xoves son para 3º e 4º de primaria. En canto aos maiores, 5º e 6º terán acceso todos os días e en exclusiva os venres. Ademais o último venres de cada mes os bibliotecarios serán os únicos que poderán acudir para reorganizar recunchos e colaborar noutras tarefas da biblio.
Bó curso a todas e todos e esperamos a vosa visita.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)