venres, 30 de abril de 2021

"Letras Galegas 21"

Chegamos ao mes de maio e o luns 17, como todos os anos, celébrase o Día das Letras Galegas. 
Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias, escritora e tradutora de moitas obras coñecidas. Nacida en Sarria, provincia de Lugo, destacou como poeta, tradutora e polo seu traballo na editorial Xerais. 


O seu traballo fixo que gañase diferentes premios no campo da tradución e levouna a formar parte da Asociación de Tradutores Galegos.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:


No cole celebraremos esta data traballando arredor da autora homenaxeada e do proxecto deste curso "Co Cambio todo Cambia".
Este ano, a nosa tradicional xincana levárase a cabo nas aulas, poderá realizarse de xeito virtual e/ou en papel. 
Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña:



venres, 23 de abril de 2021

"Día do Libro 2021" - Much Better Now

Hoxe, 23 de Abril, Día do Libro, queremos compartir un fermoso corto en imaxes. 
Axudaravos a descubrir cantas aventuras se poden vivir desfrutando co mundo da lectura.


Aproveitamos para presentarvos os nosos marcapáxinas, entregados ao longo da mañá por todo o cole, tanto ao alumnado como a todo o persoal do centro. Este foi o agasallo de Piquín, a mascota da Biblioteca, co motivo da celebración desta data.

E como non podía ser menos, felicitamos a Piquín pola megafonía, cantándolle "Parabéns para ti", xa que hoxe foi o seu aniversario, 11 anos!!
Deste xeito, e coa visita de varias familias ao longo da semana, como contacontos a diferentes aulas de Ed. Infantil, completamos as actividades do "Mes de Abril, Mes do Libro".