venres, 25 de febreiro de 2022

"8 de Marzo"

Nesta data, 8 de Marzo, celébrase en todo o mundo o  "Día Internacional da Muller". Existen versións moi diferentes sobre a elección desta data para commemorar tal Día, pero todas elas coinciden que a proposta foi presentada no ano 1910 nun período de gran transformación social e política.
Aínda que non debera ser así, todavía hoxe existen moitas nenas e mulleres que son  privadas dos seus dereitos. Que esta situación mellore, forma parte da educación de nenas e nenos.
Na biblioteca temos unha selección de títulos expostos entre os que podemos atopar os seguintes:

  


Na seguinte páxina temos interesantes recursos relacionados con esta data:
recursos educativos (ceipmestresgoldar)
O seguinte vídeo foi montado a partir do conto "O País dos Mandóns"para traballar esta data con nenos de Ed. Infantil. 


E por último...

Grazas a todas e todos os que elaboraron estes recursos e quixeron compartilos.

mércores, 16 de febreiro de 2022

"Entroido 2022"

Falta moi pouquiño para que chegue o Entroido. Este ano, como a maioría das celebracións será un pouco diferente. 
Ao longo da semana falaremos e investigaremos sobre esta festa, as súas orixes, a vestimenta, a comida propia da época e todo canto a rodea, sen esquecer que nentroido tradicional galego teñen cabida o baile, as máscaras, o xogo...
E unha boa mostra de todo podemos atopala facendo click nesta fermosa imaxe.


Unha boa recompilación de recursos con unidades didácticas, actividades lim, vídeos, manualidades, receitas e moitros outros que esperamos sexan do voso agrado, podedes atopala no seguinte enlace:

CEIP MESTRES GOLDAR

E un recurso de grande interese para os máis pequenos e pequenas

 

  Grazas a todos os que fan posible que disfrutemos deste gran traballo.

E por suposto, non esquezades que o vindeiro Venres día 25, todas e todos aqueles que o desexedes podedes vir disfrazados ao cole para rematar unha semana carnavalesca.

"Día de Rosalía"

 
O 23 de Febreiro, aniversario do nacemento da poetisa, celébrase o día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega volve contar cun programa de actividades para esta data.
A AELG disponse a commemorar un ano máis o Día de Rosalía, promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Visitando os seguintes enlaces é posible acceder ás imaxes da casa de Rosalía ou facer unha visita virtual polo seu cuarto:
Casa de Rosalía
No seguinte vídeo temos unha versión cantada  dun  dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes".

E tamén esta fermosa canción de Lia Pamina e os Peregrinos inspirada na obra de Rosalía:

 
E para rematar, para os máis pequenos e pequenas:

Podedes ver máis información e recursos no blog de Dinamización da Língua Galega:
e tamén    

domingo, 6 de febreiro de 2022

"Mensaxe de piquín"

 Piquín ten unha mensaxe importante para todas e todos vós. Escoitade con atención.