domingo, 17 de maio de 2015

"Letras Galegas no cole"

Xa todo está listo para celebrar no cole a nosa semana das Letras Galegas.
Será unha semana especial, (18-22 de maio), cun toque distinto ao dos últimos anos. Recordamos que este 2015 o autor homenaxeado é Filgueira Valverde.
As actividades xirarán en torno ao noso proxecto:
 “DA BIBLIO Á LÚA, EN GALICIA”. 
Faremos un percorrido polo cole ao longo do cal atoparemos 5 recunchos de traballo. O primeiro dos recunchos atópase na biblioteca e os 4 restantes (cada un deles adicado a unha provincia) nos corredores.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Presentación actividade na biblio: As actividades serán presentadas na biblioteca e alí serán dadas todas as instrucións. Os profes empezarán a actividade lendo a CARTA DE PIQUÍN  e repartindo a cada equipo os Cadernos de Bitácora coas instrucións e os mapas co percorrido.
No percorrido polo cole atoparemos os recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con nome e o Nº correspondente do seguinte xeito:
1   -  Biblioteca
2   -  Coruña (zona aula inglés – 4º/5º)
3   - Lugo (zona 3º)
4   -  Ourense (zona Infantil)
5   - Pontevedra (zona carteis – acuario)
Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho Biblioteca,
-        Mural: pega as fotos dos lugares no caderno e completa co seu nome e a provincia
-        Bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos  relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho Coruña,
-        Buscar datos no panel: faros e catedral
-        Resolución de 2 sudokus.
Recuncho Lugo,
-        Buscar 5 lugares no panel
-        Resolución de 2 puzzles
Recuncho Ourense,
-        Buscar 3 lugares no panel
-        Busca de fotos nas que aparece Piquín
Recuncho Pontevedra,
-        Buscar no panel 5 elementos de viaxe.
-        Collage: composición con fotos de Filgueira Valverde e lugares de Pontevedra.

En cada recuncho  haberá un  sobre co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a rolda tendo 15´ por recuncho. Unha vez rematado o tempo  cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada equipo levará un caderno de bitácora que se repartirá na Biblioteca ao inicio da actividade.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Na biblioteca farase un álbum cos collage sobre Filgueira Valverde.
Días por niveis:
- Luns 18 maio: 6º A E. Primaria/Infantil 3 anos (2ª-3ª / 4ª-5ª)
- Martes 19 maio: 5º E. Primaria/Infantil 5 anos (A: 2ª-3ª / B: 4ª-5ª)
- Mércores 20 maio: 4º E. Primaria/1º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Xoves 21 maio: 3º E. Primaria/ 2º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Venres 22 maio: 6º B E. Primaria/Infantil 4 anos (1ª-2ª / 4ª-5ª)
Agardamos xa a vosa visita.

venres, 8 de maio de 2015

"Principiñas e princesiños"

A educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, indispensable día a día para poder enfrontarnos mellor aos retos que se nos presentan na vida.
A escola debe asumir a súa parte de responsabilidade neste proceso dirixido ao desenvolvemento integral do individuo e propiciar dentro do seu proxecto formativo a competencia emocional do alumnado. 
Aquí temos un vídeo sobre un traballo con nenos e nenas de 4º de Primaria de diferentes centros públicos de Pontevedra, resumo dunha actividade sobre a identificación e expresión das emocións básicas.
É un proxecto de Jone Ojeda,vídeo realizado por: el espejo mágico producciones.

Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.

domingo, 3 de maio de 2015

"Letras Galegas 2015"


J.F. Filgueira, a los 17 años..jpg
Xa estamos no mes de maio e falta moi pouquiño para o domingo 17, día no que terá lugar a celebración das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra, e por iso este ano a actividade no cole terá un sentir máis especial.
Este ano a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras pola súa adicación a divulgación da língua e a cultura galega. 
Nos seguintes enlaces podemos consultar a sua biografía e obra e tamén ver algún vídeo relacionado:
filgueiravalverde
Vida e obra de Filgueira Valverde
Pronto daremos máis información sobre a actividade que xa se está preparando no cole para esas datas. Teremos sorpresas, haberá grandes novidades!!!


Mentres aquí vos deixamos o seguinte video:

"Día do Libro no cole"

Sabemos que o mes de Abril é un mes con moita actividade no noso cole. Este curso non podía ser menos e dende o 1 ao 30 tivemos actividades que nos gustaron moito.
- Para comezar varios niveis visitaron a Biblioteca Pública e disfrutaron de estupendos contacontos.
- En 2º lugar, no cole, os nenos e nenas de 6ª de Primaria prepararon varias historias para contar ao resto dos rapaces e rapazas de todo o centro.
Clicando na páxina de Normalización Linguística: Alborada do Lérez
ou abaixo na foto, podedes acceder a toda reportaxe.
Fixérono moooooooi ben, ensaiaron varios días e finalmente o resultado foi fantástico!!!
- E por último, na semana do 20 ao 24 de abril fixemos nos corredores do cole a exposición de fotos de viaxes aportadas polas familias. Quedou ben chula!!!


Gracias a todos e todas por participar.