Xa estamos en decembro, o Nadal case chegou, e antes de irnos de vacacións Piquín quere amosarvos as súas recomendacións lectoras.
Se buscades un bo agasallo para calquera ocasión, cun libro sempre acertaredes, cadaquén ten o seu preferido e para que teñades onde elixir, aquí está a Guía de Nadal 22:
A historia conta que o apalpador vivía nas montañas do Courel e que en Noiteboa...
Queres seguir???,
cun click na imaxe atoparás parte da historia.
e poderás descubrir máis premendo na súa páxina oficial: http://www.apalpador.com/ e tamén nos seguintes enlaces, no que temos unha boa recompilación de recursos: CEP de Ventín
Grazas a todas as persoas que elaboraron estes recursos e compartiron o seu traballo. Na nosa biblioteca están os contos, (tamén se poden ler ou ver clicando nas portadas):
E... para cantar e bailar:
E para ter en conta nos días que chegan, deixamos este video sobre unha campaña de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos... para reflexionar todas e todos un pouquiño
Este curso, Piquín quere amosarnos a súa imaxe como entrenador Pokémon, xunto con algún dos máis preciados así e como aparece na entrada da Biblioteca.
E como este tema atrae moito aos rapaces e rapazas do cole algúns van facendo e amosando as súas creacións, como esta que tendes a continuación:
Clicando na imaxe podedes atopar máis información sobre este día e o seu significado.
E tamén nos gusta recordar para esta data unha frase de Mandela:
"A Educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo"
O Ceip Mestres Goldar traballou na recompilación de recursos que puxo a disposición de todos nós. Grazas a todos os implicados neste traballo: DEREITOS HUMANOS
Algúns dos títulos que temos na nosa biblioteca relacionados con este tema son:
E na seguinte canción, Dereitos Humanos o mellor instrumento: