O día 2 de abril é a data sinalada pola Unesco como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
O que se pretende con este recoñecemento é traballar cara a mellora das condicións de vida das persoas con autismo e axudar na creación dunha sociedade máis inclusiva.
Este ano 2017 dende Autismo España e Federación Autismo Galicia propoñen o lema: "Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" e a súa campaña vai encamiñada a dar a coñecer as barreiras ás que se enfrentan as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
As persoas autistas teñen unha forma particular de percibir o mundo o que fai que moitas veces as súas actuacións non sexan acordes cos patróns considerados axeitados.
Para saber máis premede na imaxe
e aquí tendes algún vídeo que pode axudarnos a entender
e no seguinte enlace atoaparedes moitos máis:
hasta la luna ida y vuelta
martes, 21 de marzo de 2017
domingo, 5 de marzo de 2017
"URCO E RAVACHOL"
Aquí vos deixamos un fantástico vídeo sobre a historia do Rei Urco e de Ravachol, as dúas figuras máis importantes do Entroido en Pontevedra. Este estupendo traballo foi elaborado pola profe Lupe e Fidel Prieto. Gracias aos dous por compartilo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)