domingo, 11 de maio de 2014

"Letras Galegas no cole"

Xa estamos chegando ao Día das Letras Galegas e no cole xa todo está preparado para que nestas dúas semanas todos e todas poidamos disfrutar na biblioteca dunhas xornadas especiais co seguinte guión:
LETRAS GALEGAS 2014
Na biblioteca temos preparadas varias actividades que  xirarán en torno ao noso proxecto: “CAL É A ORIXE DE…?” e o autor homenaxeado este ano: Díaz Castro.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Na  biblioteca  atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-        Recuncho 1     (amarelo)
-        Recuncho 2     (azul)
-        Recuncho 3     (verde)
-        Recuncho 4     (vermello)
-        Recuncho 5     (laranxa)


Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:

Ed. Infantil
Recuncho nº 1, bibliografía: facer os puzzles /completar os títulos das portadas (dos libros relacionados coa bibliografía do proxecto).
Recuncho nº 2, pasatempos: 3/4 anos- completar o sudoku / 5 anos- 1 sopa de letras e 1 sudoku que deberán resolver en equipo.
Recuncho nº 3, emplatamos: colorear, recortar e montar o plato.
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no nome correspondente
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno. 

Ed. Primaria
Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requeridos relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho nº 2, pasatempos: 2 sopas de letras, palabras enlazadas  e xeroglíficos ou sudokus.
Recuncho nº 3, emplatamos
Recuncho nº 4, mural: pega as fotos dos alimentos no lugar correspondente e escribe os nomes dos alimentos vexetais, a súa orixe, nome científico…
Recuncho nº 5, collage: composición coas fotos e textos dados sobre a vida e obra de Díaz Castro- A3. Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno. Revisar biografía autor.

En cada recuncho  haberá un  sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no recorrido  para recompilar os materiais que se van traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…

Na biblioteca farase un álbum recompilatorio cos collage en A3 sobre Díaz Castro.
Días por niveis:
-        Luns 12 maio: 6º E. Infantil
-        Martes 13 maio: 5º E. Infantil
-        Mércores 14 maio: 4º E. Infantil / 5ºB Primaria
-        Xoves 15 maio:  5ºA E. Primaria
-        Venres 16 maio: 6º A / 6ºB E. Primaria
-        Luns 19 maio: 4ºA / 4ºB E. Primaria
-        Martes 20 maio: 3ºA / 3ºB E. Primaria
-        Mércores 21 maio: 2ºA / 1ºB
-        Xoves 22 maio: 2ºB / 1ºA
Aquí tendes algunhas fotos máis das actividades e dos recunchos que xa vos están esperando.


Agardamos a vosa visita

Ningún comentario: