Empezaremos coas seguintes propostas para desenvolver ao longo do mes de Xaneiro:
1 - Actividade en parellas (Hora / Día de...compartir..)
Colocados
en fila ou círculos concéntricos en
parellas, cada nen@ debe dicir e escoitar :
“Non me gusta cando ti…”
“Pero
me gusta moito cando…”
(Sempre
neste orde)
Pode
facerse en varias sesións ao longo do mes, ou ao longo dunha semana… e deberán rotar as parellas ata completar co
total da clase.
2 - Lectura compartida
Cada
nen@ deberá traer de casa un pequeno parágrafos de 5/6 liñas relacionado coa amizade, solidariedade... (valores relacionados coa Paz), que lle guste
moito para compartir cos compañeir@s. A lectura dos parágrafos farase en
parellas ou para toda a clase.
Unha
vez lidos faremos unha exposición dos textos e elixiremos entre tod@s o que
máis nos gustou para lelo en voz alta no Día da Paz.
3 - Agasallo con mensaxe
Cada
nen@ preparará un marcador cunha palabra/frase bonita. Ao
rematar o acto xeral do dia 30, intercambiarán individualmente eses agasallos entre
os nen@s do nivel que lle sexa asignado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario