Xa estamos no mes de Maio, e como sabedes o martes 17, celébrase o Día das Letras Galegas. O autor homenaxeado este ano é Florencio Delgado, abogado e poeta galego exiliado.
Un dos seus traballos máis importantes foi a creación, xunto con outros emigrantes galegos, dunha grande rede cultural galega en México, país no cal pasou unha boa parte da súa vida.
Deuse a coñecer como poeta co seu libro Bebedeira e foi un dos fundadores da revista Vieiros, ademais de participar na publicación da revista Saudade.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:
No cole celebraremos esta data traballando arredor do autor homenaxeado e do proxecto deste curso:
"Horta-Xardín de Piquín".
Este ano, teremos de novo unha proposta de actividades que poderá realizarse de xeito virtual e/ou en papel.
Esta proposta se completará cunha "Busca do Tesouro" que partirá da Biblioteca a diferentes recunchos do cole. O obxectivo final é a elaboración dun mural das Letras Galegas sobre Florencio Delgado que iremos completando entre todas e todos coas pezas que conseguiremos na Busca do Tesouro.
Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña:
Ningún comentario:
Publicar un comentario