mércores, 30 de outubro de 2024

Un Samaín terrorífico no Vidal Portela!

Esta semana o CEIP Manuel Vidal Portela vestíuse de medo e aventura! Tódolos cursos puideron desfrutar dun Samaín inesquecible que deixou pegada en cada un dos participantes.

A actividade comezou cunha sesión de contacontos aterradora, onde as historias máis arrepiantes atraparon a atención e o imaxinario de todos. Os nenos e nenas sentaron, expectantes, mentres as palabras dos narradores ían debuxando monstros, pantasmas e situacións que fixeron tremer incluso aos máis valentes. Era un momento máxico e, ao mesmo tempo, cheo de suspense!

Pero iso non era todo... despois do contacontos, os alumnos e alumnas foron guiados cara a unha experiencia única e inesquecible: o noso túnel do terror. Ao longo do túnel, preparámoslles sorpresas escalofriantes que, entre risas nerviosas e berros, superaron con valentía e entusiasmo. As luces, os sons e os misterios que agochaba cada recuncho converteron esta actividade nunha aventura que, sen dúbida, quedará na memoria de todos.

A alegría e emoción dos nenos e nenas foron contaxiosas, facendo que esta experiencia fose máis que unha actividade escolar; foi un momento de convivencia, de amizade e de aprendizaxe. Desexamos que estas xornadas de medo e diversión sirvan para alimentar a imaxinación dos nosos estudantes e para facerlles sentir que o noso colexio tamén pode ser un lugar de fantasía e aventura.

Grazas a todos por un Samaín inolvidable!






xoves, 24 de outubro de 2024

As Mochilas Viaxeiras: unha experiencia para compartir en familia

Hoxe, co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, lanzamos desde a nosa biblioteca lanzamos, un ano máis, unha iniciativa moi especial: as Mochilas Viaxeiras. Estas mochilas, cheas de materiais interesantes, están pensadas para fomentar a lectura e o tempo en familia.

Como xa sabedes, cada semana, un neno ou nena levará a mochila á casa durante dúas fins de semana (dez días en total)

Ademais, incluímos unha carpeta onde podedes achegar debuxos, comentarios ou reflexións relacionadas cos materiais, que logo compartiremos co resto da clase.

Lembramos a importancia de coidar os materiais e devolvelos no prazo establecido para que todas as familias poidan participar.

Animámosvos a desfrutar desta experiencia única coas vosas crianzas. Felices lecturas en familia!