Xa estamos en Xaneiro, e a finais deste mes, o vindeiro luns 30, terá lugar o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia" .
Coa conmemoración desta data queremos facer fincapé na importancia dunha educación na tolerancia, cooperación, amizade e solidariedade.
Dende Escolas Asociadas Unesco destácase a celebración do 60º aniversario do famoso discurso de Martin Luther King "I have a dream".
No cole, ao longo das vindeiras semanas faremos diferentes actividades para concienciar da súa importancia. Entre as actividades que se levarán a cabo queremos destacar:
No cole, ao longo das vindeiras semanas faremos diferentes actividades para concienciar da súa importancia. Entre as actividades que se levarán a cabo queremos destacar:
- Exposición na biblioteca de bibliografía relacionada con esta temática
- Sesión de contos na biblioteca, na hora do recreo, para os niveis de 1º e 2º a cargo de alumnado bibliotecario voluntario
- Proxección na biblioteca, na hora do recreo, de curtas relacionadas con esta data que fomenten os valores de amizade, empatía, colaboración...
- Saída da biblioteca ao patio para compartir lecturas relacionadas con esta temática
- Sesións de contacontos a cargo de "Todas e todos contamos" promovendo a igualdade entre homes e mulleres.
- Sesións de contacontos a cargo de "Todas e todos contamos" promovendo a igualdade entre homes e mulleres.
- Elaboración do símbolo da Paz no patio coa participación de todo o alumnado e profesorado
- Acto conxunto no patio de todo o cole: canción, manifesto, solta de pombas
Na biblioteca temos feita unha selección de libros relacionados co Día da Paz que podedes levar á aula. Esperamos que os disfrutedes.
Si vos gustou, na etiqueta
RECURSOS
na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou... premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña
Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.