O venres 29 de abril, celebraremos no cole a Festa dos Maios. Para esta actividade, o alumnado do centro aportará o material necesario ao longo da semana. Na mañán do venres toda a comunidade educativa participará na elaboración deste Maio.
Cada primeiro de maio a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico. Os "maios" xestáronse para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posíbeis ameazas naturais, coma os ratos, toupas... ou os sobrenaturais, as sempre temidas meigas que cos seus poderes poden botar un "mal de ollo" á colleita.
Aínda que comezaron sendo festas propiamente vexetais feitas con pequenas construcións, co paso dos anos foron incorporando bailes e coplas con carácter satírico, completando o sentido popular da festa.
Aínda que comezaron sendo festas propiamente vexetais feitas con pequenas construcións, co paso dos anos foron incorporando bailes e coplas con carácter satírico, completando o sentido popular da festa.
Na Praza da Ferrería en Pontevedra, celébrase todos os anos a Festa dos Maios, sendo o Concello o responsable da convocatoria do concurso, ao que poden acceder tanto asociacións culturais, veciñais, centros escolares...
En Pontevedra, o maio tradicional ten forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con productos tradicionais (fiúncho, pampullos, margaridas, laranxas, cartuchos e ovos).
E tamén "Ahí ven o Maio", unha visión no tempo
Ningún comentario:
Publicar un comentario