Xa todo está listo para celebrar no cole a nosa semana das Letras Galegas.
Será unha semana especial, (18-22 de maio), cun toque distinto ao dos últimos anos. Recordamos que este 2015 o autor homenaxeado é Filgueira Valverde.
Será unha semana especial, (18-22 de maio), cun toque distinto ao dos últimos anos. Recordamos que este 2015 o autor homenaxeado é Filgueira Valverde.
As
actividades xirarán en torno ao noso proxecto:
“DA BIBLIO Á LÚA, EN GALICIA”.
Faremos un percorrido polo cole ao longo do cal atoparemos 5 recunchos de traballo. O primeiro dos recunchos atópase na biblioteca e os 4 restantes (cada un deles adicado a unha provincia) nos corredores.
“DA BIBLIO Á LÚA, EN GALICIA”.
Faremos un percorrido polo cole ao longo do cal atoparemos 5 recunchos de traballo. O primeiro dos recunchos atópase na biblioteca e os 4 restantes (cada un deles adicado a unha provincia) nos corredores.
Cada titor e titora
dividirá o seu grupo-clase en 5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Presentación
actividade na biblio: As actividades serán presentadas na
biblioteca e alí serán dadas todas as instrucións. Os profes empezarán a
actividade lendo a CARTA DE PIQUÍN e repartindo a cada equipo os Cadernos de Bitácora coas instrucións e os mapas co percorrido.
No
percorrido polo cole atoparemos os recunchos de traballo, polos cales rotarán os
diferentes equipos, sinalizados con nome
e o Nº correspondente do seguinte xeito:
1 - Biblioteca
2 - Coruña (zona aula inglés – 4º/5º)
3 - Lugo (zona 3º)
4 - Ourense (zona Infantil)
5 - Pontevedra (zona carteis –
acuario)
Cada
equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho Biblioteca,
-
Mural: pega as fotos dos lugares
no caderno e completa co seu nome e a provincia
-
Bibliografía: dar resposta e
completar os datos requiridos relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho Coruña,
-
Buscar datos no panel: faros e
catedral
-
Resolución de 2 sudokus.
Recuncho Lugo,
-
Buscar 5 lugares no panel
-
Resolución de 2 puzzles
Recuncho Ourense,
-
Buscar
3 lugares no panel
-
Busca de fotos nas que aparece Piquín
Recuncho Pontevedra,
-
Buscar no panel 5 elementos de
viaxe.
-
Collage: composición con fotos de
Filgueira Valverde e lugares de Pontevedra.
En
cada recuncho haberá un sobre co material de actividades para cada
equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no
recuncho 1 e logo continuase a rolda tendo 15´ por recuncho. Unha vez rematado
o tempo cambiamos de recuncho rotando
segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a
que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada
equipo levará un caderno de bitácora que se repartirá na Biblioteca ao inicio
da actividade.
Cada titoría fará unha
posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus
compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis
lles gustou…
Cada titoría decidirá o
xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Na biblioteca farase un
álbum cos collage sobre Filgueira Valverde.
Días por niveis:
- Martes 19 maio: 5º E. Primaria/Infantil 5 anos (A: 2ª-3ª / B: 4ª-5ª)
- Mércores 20 maio: 4º E. Primaria/1º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Xoves 21 maio: 3º E. Primaria/ 2º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Venres 22 maio: 6º B E. Primaria/Infantil 4 anos (1ª-2ª / 4ª-5ª)
Agardamos xa a vosa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario