Aquí tendes os recunchos xa preparados:
As actividades xirarán arredor do autor Carlos Casares e do proxecto “EMOCIÓNATE CON NÓS!!”.
Cada
titor e titora dividirá o seu grupo-clase
en 5 equipos de 4/5 nenos e
nenas.
Na biblioteca
atoparemos 5 recunchos de traballo, polos cales rotarán os
diferentes equipos, sinalizados con
carteis de cores e o Nº correspondente do seguinte xeito:
-
Recuncho 1 (amarelo)
-
Recuncho 2 (azul)
-
Recuncho 3 (verde)
-
Recuncho 4 (vermello)
-
Recuncho 5 (laranxa)
Cada
equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas en función do nivel:
Recuncho nº 1, bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos relacionados
coa bibliografía do proxecto e Carlos Casares /// crebacabezas de portadas dos libros máis coñecidos de Carlos Casares
Recuncho nº 2, pasatempos: completar sudokus e palabras
enlazadas propostos que deberán resolver en equipo /// completar un sudoku en equipo
Recuncho nº 3, retrato: cada equipo fará un retrato do
autor seguindo a estrutura de Folio Xiratorio e tendo como modelo unha das
fotos de Carlos Casares.
Recuncho nº 4, mural: Cada equipo decidirá 5 elementos ou
aspectos do cole que queren mellorar. Elixirán unha ficha de cor numerada das
que atoparán na bandexa no recuncho. Cada nen@ escribirá unha mellora nunha das
ringleiras /// elexir entre as fotos do recuncho aquelas que representen as melloras que nos gustarían para o cole.
Cando rematen pegarán a ficha no lugar do mural que decidan para ir
completando con todas as suxestións.
Recuncho nº 5, panel: completar os datos sobre a biografía
de Carlos Casares e composición dun
collage con fotos e textos sobre a vida e obra de Carlos Casares- A3. /// composición dun collage con fotos e textos de Carlos Casares - A3.
Pódese completar con debuxo, frases escritas… e o que se considere oportuno
En cada recuncho haberá un
sobre de cor numerado co material de actividades para cada equipo: follas
de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 comeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por
recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho
rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben
esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada titoría fará unha
posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus
compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis
lles gustou…
Cada titoría decidirá o
xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Ningún comentario:
Publicar un comentario