mércores, 26 de setembro de 2012

"Contos nas árbores"

O curso xa está camiñando e a nosa biblioteca disposta para amosarvos interesantes novidades. Pero non só no cole temos oportunidades de entrar en contacto co mundo das fadas, os trasnos... e outras personaxes. Existen alternativas interesantes para compartir coa familia e os amigos e aquí vos presentamos unha: contos dende a casiña das árbores.
Xa  coñecemeos a Anxo Moure, quizáis mellor si decimos "Carballo con Botas". 
Dende a súa casiña enriba dun carballo e un castiñeiro nos invita a escoitar  historias que teñen moito que ver coas nosas fragas, os nosos ríos... e unha chea de pequenos seres que alí pasan a súa vida.

mércores, 4 de xullo de 2012

"Nas vacacións..."

Aínda que son vacacións é tempo de disfrutar e por iso tempo para ver traballos tan fantásticos como o que nos presentan os compañeiros do IES de Chapela. Paga a pena adicarlle uns minutos. Grazas por compartilo.

mércores, 20 de xuño de 2012

"Remata o curso"

Xa chega o fin de curso pero antes de rematar fíxose a entrega de medallas aos gañadores do campeonato de xadrez e tamén de un pequeno agasallo aos axudantes de  biblioteca. 
Noraboa: 
Victor, Iago, Rodrigo, Sabela, Alberto, Juan, Pedro e Esteban.
Seguide mellorando as vosas xogadas e vémonos no próximo campeonato.

E antes de rematar moitas grazas a:
Alba, Ana, Guillermo, Iria, Sara, Nerea, Alicia, Catalina, Paula, Lucía, Mónica, Imán e Antonio.
A vosa colaboración na biblioteca foi esencial para un bo funcionamento ao longo do curso.

Boas vacacións a todos e todas e que disfrutedes do merecido descanso.

"Contacontos"

Nesta semana tivemos a sorte de escoitar 2 fermomísimos contos:
-É rara Makeke?
-Bebé Bigotes
Foron ilustrados e contados polos nenos e nenas de 4º de Atención Educativa. Os pequenos de Ed. Infantil estiveron encantados coa posta en escea. Ademáis do estupendo traballo plástico que fixeron son uns grandes contadores. Grazas e noraboa.


Contacontos na biblioteca 

xoves, 7 de xuño de 2012

"Exposición de África"

Esta semana a nosa biblioteca vístese de África. 
Ao  longo do curso traballouse este tema nas aulas e como remate temos unha estupenda exposición de materiais e traballos feitos por nenos e nenas do cole.
Aquí podedes ver unhas fotos da nosa exposición. 
 

 

 

"Letras Galegas 2012"

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é un pontevedrés: Valentín Paz Andrade. No cole decidimos adicarlle parte do noso traballo e conxuntamente celebrar os 50 anos das Letras.
Aquí tendes un resumo en fotos da nosa actividade.

domingo, 3 de xuño de 2012

"Día do Medio Ambiente"

O martes 5 de xuño será o "Día Mundial do Medio Ambiente". A celebración desta data  pretende sensibilizar á opinión mundial en relación a temas ambientales e este ano a ONU elexiu a Brasil como sede para a súa commemoración.
No cole, despois de plantar varias árbores no patio e elaborar un libro guía de todas as existentes, decidiuse colocar uns carteis sinalizadores cos nomes de cada unha. O día elexido para colocar estes carteis elaborados polo alumnado foi este 5 de xuño de 2012.



No seguinte Lim feito por unha compañeira, Belén Junquera podemos traballar a reciclaxe, de grande importancia para a conservación do medio ambiente. Grazas por compartir esta actividade.




sábado, 2 de xuño de 2012

"Campionato de xadrez"

Nesta semana do 28 de maio ao 1 de xuño, tivo lugar o campionato de xadrez deste curso. A actividade desenvolveuse na biblioteca cunha exitosa participación de alumnado. Aquí podedes ver algunhas fotos das xornadas.
 

 

 

sábado, 26 de maio de 2012

"A Identidade"

O dereito a identidade, un dereito de todos, grandes e pequenos, aínda que ás veces o esquezamos. Que elementos interveñen na fomación da nosa identidade? No seguinte vídeo podemos responder a esta pregunta. Esperamos que vos guste.

xoves, 24 de maio de 2012

"Día de África"

O 25 de maio celébrase o Día de África, en commemoración da fundación da Organización da Unidade Africana.
Este curso estamos traballando para coñecer un pouco mellor este continente, a súa xeografía, as súas xentes, a súa cultura... e descubrir as riquezas que nos pode ofrecer.




Na aula virtual do cole podemos encontrar máis actividades relacionadas, vídeos, contos... Facede click na seguinte dirección:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelvidal/