domingo, 25 de setembro de 2016

Xa estamos de volta!!

Benvid@s a todas e todos a este novo curso que estamos comezando.
Setembro xa casi rematou, chegou o outono e a biblioteca xa está lista para abrir unha vez máis as súas portas.
Será o vindeiro 10 de OUTUBRO!!!
Pero antes dese día, queremos que saibades que vimos cargados de moitas ideas e, por suposto, dunha nova proposta para compartir e investigar xuntos: 
- EMOCIÓNATE CON NÓS!!
Buscaremos emocións grandes e pequenas, traballaremos con elas e descubriremos diferentes maneiras de expresalas. 
Aquí tendes este vídeo para ir abrindo camiño
E para que vexades que algún xa van encamiñados deixo unhas fotos do noso patio neste outono con fermosas creacións de nenos e nenas do 3º ciclo


mércores, 22 de xuño de 2016

"Guía de Verán 2016"

Piquín quere desexarvos a todos unhas estupendas vacacións, pero antes de deixar este curso quere facervos unhas recomendacións lectoras que espera sexan do voso agrado. 
Espéravos de novo a todos e todas en setembro. 
¡¡¡BO VERÁN!!! , ¡¡¡BOAS VACACIÓNS!!!
e ata a volta, 

martes, 21 de xuño de 2016

"Rematando o curso"

Estes días estamos xa rematando o curso. Aproveitamos o tempo que nos queda para disfrutar cun pequeno festival, con xogos populares ou coa festa do deporte que serve de despedida ao alumnado de 6º de Primaria. 
O martes no festival tamén houbo tempo para agradecer o traballo na biblioteca dos nenos e nenas voluntarios do 3º ciclo. Durante todo o curso colaboraron no funcionamento da biblioteca escolar na hora do recreo. Sin o seu traballo e o tempo adicado pola profe Mercedes a biblioteca non podería ter funcionado como o fixo. Moitas Grazas a todas e todos eles.

xoves, 16 de xuño de 2016

Bichos!!!

Ao longo deste curso 2015-2016 estivemos investigando sobre os Bichos. Algunhas das actividades levadas a cabo foron xa publicados nesta páxina e moitos dos nosos traballos plásticos están expostos polos corredores do colexio. Aquí vos deixamos unha mostra destes últimos.

domingo, 8 de maio de 2016

"Abril, mes do Libro"

O mes de abril xa rematou pero foi moi intenso e cheo de actividades no cole. Ademáis de varias visitas ao Salón do Libro e a Biblioteca pública, no mes de abril organizamos dous eventos importantes: 

- Exposición de fotos de bichos
- Contacontos de grandes a pequen@s nas prazas da cidade

O primeiro foi a exposición de fotos de bichos polos corredores do centro. Para esta actividade contamos coa colaboración das familias, ¡¡¡Moitas Grazas pola vosa participación!!!
Manteremos a exposición  ata finais de curso. Mirade que ben quedou:















E para o venres 22 saímos grandes con pequenos a disfrutar coa lectura nas prazas de Pontevedra. Estivemos por grupos na Pedreira, Leña, Verdura, Estrela e Muelle. Foron os maiores de 6º, 5º e 3º os que fixeron as delicias de pequenos coas súas historias.
Contaron lendas, falaron dos diferentes escudos, a orixe das prazas, persoeiros famosos relacionados con cada unha... E aquí un resumo deste gran día:

venres, 22 de abril de 2016

"Centenario Cervantes"

Este ano 2016 cúmplense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e son numerosas as actividades programadas para celebrar o evento: exposicións, concertos, montaxes teatrais... todo para recordar e disfrutar coa obra deste gran escritor.
Nos seguintes enlaces atopamos información sobre a súa vida e obra e tamén sobre as diferentes programacións elaboradas para este centenario:
A súa obra máis coñecida "Don Quixote" é unha das máis traducidas da literatura universal e actualmente pode lerse en máis de 50 idiomas.
Nas seguintes páxinas temos unha recompilación de actividades escolares relacionadas: 
As aventuras de Don Quixote e o seu escudero Sancho tamén foron levadas á televisión, aquí deixamos unha mostra:

sábado, 2 de abril de 2016

"Día do Autismo"

O 2 de Abril celébrase o "Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo" e o lema internacional deste ano 2016 é:
 "Inclusión, tolerancia e respecto".
Para esixir o cumplimento destas premisas e para facerse visible, a Federación de Autismo de Galicia, onde hai 2.000 persoas diagnosticadas, organizou en Compostela unha xornada en azul, a súa cor oficial. No cole o alumnado do 3º trimestre colgou globos azuis dende as ventanas das aulas.

                                Para máis información sobre este día clicade na seguinte imaxe:

luns, 28 de marzo de 2016

"Salón do Libro"

No mes de abril abrirá as portas unha nova edición do "Salón do Libro". Este ano 2016 está adicado como sabedes aos Bichos, levando por título: "Canta Bichería".
O alumnado de Ed. Infantil traballou na elaboración de 3 libros, un por nivel, para presentar nesta ocasión.
Aquí vos deixamos unha mostra de cada un deles.
Esperamos que vos guste.

4º ED. INFANTIL - BICHOS

5º ED. INFANTIL - OS NOSOS BICHOS

6º ED. INFANTIL - ANIMALARIO
E así foi como o presentamos, os Bichos viven moitos deles debaixo das pedras,  nós fixemos unha moi grande para escondelos

mércores, 10 de febreiro de 2016

"Entroido 2016"

E chegou o Día do Entroido...
Todo o cole saliu ao patio xa preparado para desfilar e ensinar aos demais os seus disfraces. Había bichos de todas as cores e tamaños e tamén espantallos, cociñeiros de bichos... Todas e todos iban moi orixinais e estaban ben chulos.
Logo tivemos baile e disfrutamos na compañía de pequenos e maiores. 

"Entroido 16" 

luns, 1 de febreiro de 2016

"OS ENGULECONTOS"

As nenas e nenos de Ed Infantil asistiron a varias sesións de animación á lectura organizadas polo Concello. Estiveron na biblioteca do cole con Marta para elaborar unha historia que se irá completando polo coles do concello.
Cada aula, coa axuda de Marta, fixo o seu propio Engulecontos, o protagonista da historia, que ía cambiando dependendo do grupo de nenas e nenos que o deseñaban.
Estes son os Engulecontos resultantes:

ENGULECONTOS 3 ANOS



ENGULECONTOS 4 ANOS

         


ENGULECONTOS 5 ANOS