Ao longo desta semana todo o cole vai estar traballando arredor da compostaxe. Dende a biblioteca fixemos unha selección de bibliografía relacionada co tema. Algúns dos títulos que podedes atopar son os seguintes;
luns, 26 de novembro de 2018
xoves, 8 de novembro de 2018
Samaín 2018"
Un ano máis celebramos a festa do Samaín no cole:
- Corredores engalanados para a ocasión
- Contos de medo na Biblioteca
- Merendas terroríficas nas diferentes aulas
- Cabazas adornadas coa colaboración das familias
E moitas ganas de pasar un día de medo!!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de diferentes recunchos
Os contos na biblioteca tiveron grande éxito
E as merendas terroríficas organizadas este ano souberon un pouco a medo
Pronto teredes máis fotos dispoñibles
venres, 28 de setembro de 2018
¡¡¡Xa estamos aquí!!!
Estamos listos para abrir. Nuns días comezaremos de novo as actividades da biblioteca.
O día 8 de OUTUBRO será o gran día e temos moitas novidades que presentarvos.
E por suposto, temos tamén un novo Proxecto para investigar con vós.
Queredes saber de que falaremos este curso???
Pois imos falar en verso... recitar, musicar, ilustrar, investigar, crear POESÍA. Este ano o noso proxecto leva por título:
"POETAS DO LÉREZ"
Tentaremos afondar nos textos poéticos, descubrir a súa musicalidade, recompilar rimas populares, investigar sobre diferentes estilos de poesía e... queremos empezar cunha poetisa coñecida e un fermoso conto que nos fala dela:
luns, 4 de xuño de 2018
"Lecturas para este verán 2018"
Xa estamos en xuño e aínda que nos quedan algúns días de clase...o verán peta na porta e chega o tempo de facervos unhas recomendacións lectoras con moita arte.
Para ler na casa, na praia, no parque... ou viaxar a outra galaxia. Esperamos que con elas disfrutedes e vos fagan chegar tan lonxe como a vosa imaxinación vos queira levar.
"Xincana Letras Galegas 18"
Ao longo de 2 semanas todas as titorías baixaron á biblioteca para percorrer os diferentes recunchos que alí estaban preparados.
Cada equipo tiña ben claras as súas tarefas e durante un bo rato aprenderon e xogaron con Mª Victoria Moreno a través da Arte.
Cada equipo tiña ben claras as súas tarefas e durante un bo rato aprenderon e xogaron con Mª Victoria Moreno a través da Arte.
domingo, 13 de maio de 2018
"Recunchos Letras Galegas 18"
Xa todo está preparado para celebrar no cole as Letras Galegas.
Na biblioteca temos preparados 5 recunchos para que traballemos en equipo e xoguemos con Mª Victoria Moreno e as súas obras.
Na biblioteca temos preparados 5 recunchos para que traballemos en equipo e xoguemos con Mª Victoria Moreno e as súas obras.
Cada titoría se organizará en 5 equipos que deberán levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho nº 1, exposición: dar resposta e buscar os elementos requiridos nas obras
expostas na entrada da biblioteca // Infantil: Cada equipo elixe a obra que máis lle guste de
toda a exposición da entrada, (non pode ser a da súa clase), e tentarán
reproducila.
Recuncho nº 2, xogo da oca: seguir as instrucións do xogo
para acadar a casiña 63 // Infantil: completar o sudoku
Recuncho nº 3, cómic: cada equipo fará 1 ou varias viñetas
cómic nas que Victoria Moreno falará con personaxes das súas obras. Utilizarán
un folio A3 e completaran o traballo decorando libremente.
Recuncho nº 4, panel: completar os datos sobre a biografía
de Victoria Moreno e as súas obras // Infantil: facer un crebacabezas da portada dun libro de Victoria Moreno seguindo a
estrutura Folio Xiratorio.
Recuncho nº 5, mural: Cada nena e neno elaborarán un autorretrato
en tamaño A5 nun dos folios de cores que teñen no recuncho e decorarán o marco.
Unha vez rematado o autorretrato pegarano no mural.
Cada
titoría disporá das actividades impresas para repartir aos equipos. O equipo 1
empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez
rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde
numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a
mestre-a dea a sinal que indica cambio.
Cada
equipo atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no percorrido para recompilar os materiais que se van
traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha
posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus
compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis
lles gustou…
Cada titoría decidirá o
xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Agardamos a vosa visita!!!
mércores, 2 de maio de 2018
"Letras Galegas 2018"

Xa estamos en maio e o vindeiro xoves día 17 será o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é MªVictoria Moreno.
Mª Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como língua materna, pero dende que chegou aquí estudou e ensinou galego incluso cando non estaba permitido por lei.
Foi profesora de Ensino Secundario e a súa obra estivo dirixida, en gran parte, ao público infantil e xuvenil.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:
Pronto engadiremos novas relacionadas coas actividades propostas no cole arredor desta data. Teremos sorpresas que esperamos sexan de agrado para todas e todos. Estade atentos.
Mentres podedes aprender xogando co seguinte Pasapalabras
Gracias a todos os que colaboraron na elaboración de todos os materiais e os compartiron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


































