luns, 28 de marzo de 2016

"Salón do Libro"

No mes de abril abrirá as portas unha nova edición do "Salón do Libro". Este ano 2016 está adicado como sabedes aos Bichos, levando por título: "Canta Bichería".
O alumnado de Ed. Infantil traballou na elaboración de 3 libros, un por nivel, para presentar nesta ocasión.
Aquí vos deixamos unha mostra de cada un deles.
Esperamos que vos guste.

4º ED. INFANTIL - BICHOS

5º ED. INFANTIL - OS NOSOS BICHOS

6º ED. INFANTIL - ANIMALARIO
E así foi como o presentamos, os Bichos viven moitos deles debaixo das pedras,  nós fixemos unha moi grande para escondelos

mércores, 10 de febreiro de 2016

"Entroido 2016"

E chegou o Día do Entroido...
Todo o cole saliu ao patio xa preparado para desfilar e ensinar aos demais os seus disfraces. Había bichos de todas as cores e tamaños e tamén espantallos, cociñeiros de bichos... Todas e todos iban moi orixinais e estaban ben chulos.
Logo tivemos baile e disfrutamos na compañía de pequenos e maiores. 

"Entroido 16" 

luns, 1 de febreiro de 2016

"OS ENGULECONTOS"

As nenas e nenos de Ed Infantil asistiron a varias sesións de animación á lectura organizadas polo Concello. Estiveron na biblioteca do cole con Marta para elaborar unha historia que se irá completando polo coles do concello.
Cada aula, coa axuda de Marta, fixo o seu propio Engulecontos, o protagonista da historia, que ía cambiando dependendo do grupo de nenas e nenos que o deseñaban.
Estes son os Engulecontos resultantes:

ENGULECONTOS 3 ANOS



ENGULECONTOS 4 ANOS

         


ENGULECONTOS 5 ANOS





"Día da Paz no cole"

O venres 29 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.
Logo dunha semana chea de actividades: proxeccións, decoramos o cole con banderíns de cores cheos de palabras bonitas e cada día nos saludamos na entrada dun xeito especial (caricias, palabras bonitas, abrazos)... chegou o venres e fixemos unha solta de pombas no patio. Había outras actividades planexadas pero tiveron que ser aplazadas ao luns: manifesto, baile e canción do Himno da Alegría.
Se queredes saber máis, no blogue de Normalización Lingüística: Alborada do Lérez tendes fotos e comentarios do día. Clicade na seguinte imaxe para velas:
 

mércores, 23 de decembro de 2015

"Recomendacións lectoras"

Xa estamos no Nadal pero antes de empezar as súas vacacións Piquín quere deixarvos as súas recomendacións lectoras para estes días de descanso.
Esperamos que vos gusten, ¡¡¡Boas Festas!!!

venres, 11 de decembro de 2015

"HEFESTO 2015"

"HEFESTO" é un programa que se desenvolve en Pontevedra dentro das actividades da Casa Azul. 
Nel participan persoas con capacidades diferentes, membros de entidades moi diversas: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amanecer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de Personas Sordas de Pontevedra entre outros colectivos.
Ao longo do 2015 traballaron cos medios de comunicación sendo asesorados por profesionais de radio, prensa... para desenvolver as diferentes actividades.
Aquí temos o spot, adicado á cidade de Pontevedra, elaborado na edición deste ano:

E tamén o Making-Of a modo de resumo do HEFESTO 2015

venres, 4 de decembro de 2015

"Escola Unesco"

Dentro da rede de Escolas Unesco da cal formamos parte e coincidindo coa Cumbre sobre "O Cambio Climático", fíxose unha exposición de traballos en Paris relacionados con esta temática. O noso centro participou nesa exposición co envío de diferentes traballos plásticos.
Agora xa podemos velos no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste.

domingo, 29 de novembro de 2015

"Neira Vilas"

O autor de "Memorias dun neno labrego", Xosé Neira Vilas, faleceu este venres 27 na súa casa de Vila de Cruces. O pai de Balbino ademáis de un gran escritor foi un gran defensor da nosa língua.
Na súa traxectoria podemos atopar novela, periodismo, poesía... e neste 2015 recibiu a Medalla de Ouro de Galicia pola súa labor. 
Para coñecer máis da súa vida e obra facede click na súa imaxe:

E tamén podemos escoitalo na seguinte entrevista:

Memorias dun neno labrego polo IES Pino Manso (Porriño). Grazas por compartilo

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas from biblioteca pino manso

mércores, 18 de novembro de 2015

¡BICHOS!... ¿QUE SERÁN?


 Xa sabedes o título do noso proxecto para este curso e tamén é certo que moitos de vós xa estades traballando nel. Pois a partir de agora a entrada da biblio estará ambientada acorde coa temática. Esperamos que vos guste. 

domingo, 8 de novembro de 2015

"Samaín"

O Samaín pasou polo cole e tivemos uns días moi atarefados:
pantasmas e esqueletos polos corredores, contos de bruxas, bailes terroríficos... e cabazas engalanadas para tal ocasión.
Na biblioteca tivemos contacontos de medo ao longo de toda a semana e si queredes ver as fotos destes días clicade na seguinte imaxe: