sábado, 27 de marzo de 2021

"Exposición Mariscadoras"

Nestas semanas, poidemos gozar no cole dunha fermosa exposición dedicada ás Mariscadoras e o seu traballo. A súa profesión, pouco recoñecida ata agora, queda reflectida nas fotos e ferramentas que forman parte desta exposición itinerante e que nos amosa, unha vez máis, a importante labor das mulleres como un dos principais motores da nosa sociedade. 

Esta exposición forma parte dun proxecto que se está traballando no centro e que pretende resaltar o valor das mulleres en diferentes profesións relacionadas co mar, profesións que dende sempre, foron exercidas na súa maioría polas mulleres das zonas costeiras.


 Nas imaxes poidemos apreciar dende os esforzo realizado día a día nos areais ata todo o proceso dende a "semente" da ameixa ata a súa recollida. Tamén recompilamos moitos outros datos de interese e curiosidades, así como o nome das diferentes ferramentas utilizadas para a medida ou a recollida das diferentes especies.

xoves, 11 de febreiro de 2021

"Actividades Día Escolar da Paz 2021"

O 30 de Xaneiro foi o Día Escolar da Paz e a non Violencia. 
Ao longo da semana, seguindo as propostas do Equipo Unesco do centro,  fixéronse diferentes actividades no cole para resaltar esta data:
- Exposición na biblioteca de bibliografía relacionada con esta temática.
- Visionado de curtas e documentais que fomentan valores como a amizade, colaboración, empatía...
- Lectura de contos e pequenos textos arredor destes valores e/ou onde se resalta a labor feita por diferentes persoas ao longo da historia.
- Actividades plásticas para facer visible o significado desta celebración.
- Investigación arredor da figura de Rosa Parks traballando a partir de contos e documentais baseados na súa biografía.
- Elaboración dun pequeno vídeo coa colaboración de todo o centro onde cada nivel expresou o que significa a palabra PAZ para cadaquén.
Se queredes acceder ao vídeo, podedes atopalo na Galería da páxina web do cole ou clicar na seguinte imaxe:

mércores, 3 de febreiro de 2021

"Cambio Climático na escola"

Seguindo co proxecto deste ano "Co Cambio todo Cambia", queremos presentarvos a nova bibliografía que incorporamos nestes días aos fondos da biblioteca. Todos os volumes levan a pegatina correspondente e podedes levalos en préstamo para aula, eso si, recordade rexistralos nas follas de préstamo que atoparedes no mostrador. 

   

E por outra banda, presentarvos unha iniciativa que se está desenvolvendo en diferentes escolas por toda España: "Teachers For Future Spain"
A proposta parte dun grupo de docentes preocupados pola situación climática actual. Levan a cabo accións concretas, co obxectivo de cambiar a xestión dos centros escolares, favorecendo a Educación Ambiental e o contacto dos rapaces e rapazas coa Natureza.
Na súa páxina, ademais de atopar información variada, podemos acceder a recursos moi diversos que nos axudarán co noso proxecto "Co Cambio todo Cambia". Botade un ollada, ten cousiñas ben interesantes.
Clicade na foto ou no enlace e deseguida chegaredes:





martes, 19 de xaneiro de 2021

"Día da Paz 2021"

O vindeiro 30 de Xaneiro terá lugar o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia" . Nesta data preténdese destacar a importancia dunha educación na tolerancia, cooperación, amizade e solidariedade.
Este ano dende Escolas Asociadas Unesco preténdese dar a coñecer a figura de Rosa Parks, unha defensora dos dereitos civís estadounidenses. 
Esta muller deuse a coñecer no 1955 por negarse a deixar o seu asento nun autobús para cederllo a un home branco e por toda a posterior loita contra a segregación racial no seu país.
Para saber máis sobre ela podedes clicar nos seguintes enlaces:
E aquí, nos seguintes vídeos: 

Na biblioteca temos feita unha selección de libros relacionados co Día da Paz que podedes levar á aula. Esperamos que os disfrutedes. 

Deixamos o seguinte vídeo para comezar:


Si vos gustou, na etiqueta
RECURSOS
na cabeceira da páxina, atoparedes máis información e actividades.
Ou...  premede na seguinte imaxe e chegaredes axiña

Grazas por todo o traballo compartido nas diferentes seccións.

martes, 15 de decembro de 2020

"Guía de Lecturas para un Nadal especial"

As vacacións de Nadal van chegando e teremos moito tempo para descansar e estar coa familia. 
Pero, coma sempre, Piquín non quere deixarvos marchar, sen agasallarvos coas súas recomendacións lectoras para desfrutar nestes días.
Os libros, neste Nadal tan especial, serán ademais unha grande oportunidade para COMPARTIR con aquelas persoas que son importantes na vida de cada un e cada unha de vós. 
¡¡¡Boas Festas!!! a todas e todos.


E aquí vos deixamos o cartel do proxecto deste ano, no que, grazas ao profe Roberto, xa temos a Piquín vestido para a ocasión. 



xoves, 26 de novembro de 2020

"O veleiro verde"

Unha fermosa canción que explica estupendamente o obxectivo do noso proxecto anual "Co Cambio todo Cambia". Esperamos que vos guste

luns, 26 de outubro de 2020

"Samaín"

Chega o Samaín, este ano un pouco diferente, o cole non lucirá este curso os seus corredores cheos de cabazas, esqueletos, teas de arañas, morcegos... pero aínda así o espirito desta celebración non vai faltar. Xa está aquí o tempo de contar e cantar terroríficas historias.

Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se estades interesad@s na súa orixe premede no seguinte enlace:

No cole, para celebralo, o venres podemos vir disfrazados, e ao longo da semana disfrutaremos cos contos, cancións e outras actividades que organizaremos nas aulas.
Na biblioteca temos moitos contos de bruxas, monstros, vampiros... dará medo abrilos???
Disfrutade co seguinte vídeo, cheo de algúns deses personaxes.

 
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a todas as persoas  que elaboraron estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

domingo, 18 de outubro de 2020

¡¡¡E xa listos para comezar!!!

Ola a todas e todos
Supoño que me recordades, son eu, ¡¡¡PIQUÍN!!!
¡Teño xa todo disposto para abrir de novo! 
Estou desexando que veñades visitarme, aínda que este ano teremos que seguir as instrucións da biblioteca con moita atención.
Non estará aberta nos recreos, pero si de xeito diferente ao longo da mañá.
Quero presentarvos a proposta que temos para este ano.
O título do novo proxecto é: 
"CO CAMBIO TODO CAMBIA"
¿Sabedes xa sobre que imos investigar?
Pois si, sobre o Cambio Climático, algo que me ten moi preocupado nestes últimos anos. E imos comezar con algún vídeo que nos fará pensar:

 


 
E por último, quero que vexades como está distribuida a biblioteca. Este ano, cada nivel terá o seu recuncho de uso, é importante que sexamos quen de respectalo.

venres, 19 de xuño de 2020

"Boas Vacacións"


Xa chegan as vacacións... nesta ocasión un fin de curso diferente, pero antes de marchar queremos agradecer aos bibliotecarios e bibliotecarias voluntarios o seu traballo e esforzo realizado ao longo do ano.
Sabemos que algúns deles continuarán como axudantes de biblioteca, expertos colaboradores xa, outros comezarán unha nova etapa, secundaria, na que lles desexamos sorte. 
A todas e todos moitas grazas. Sen a vosa axuda, manter a biblioteca aberta no recreo sería unha tarefa case imposible, entre outras moitas actividades que dependen da vosa colaboración.
E Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións!!!
Aos que seguiredes en setembro no cole, grandes e pequenos, agardamos vervos con moitas novidades e un novo proxecto por diante.
¡¡¡Bo verán!!!

xoves, 11 de xuño de 2020

"Recomendacións Lectoras no Verán 2020"

Estamos xa chegando as vacacións de verán, queda moi pouquiño para poder descansar. Pero antes de despedirnos queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras. Para viaxar, para soñar, para desfrutar sós ou en compañía, vaias onde vaias un libro sempre te acompaña.