O 23 de Febreiro, aniversario do nacemento da poetisa, celébrase o día de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega volve contar cun programa de actividades para esta data.
A AELG disponse a commemorar un ano máis o Día de Rosalía, promovendo entre a cidadanía o agasallo dun libro en galego e unha flor.
Visitando os seguintes enlaces é posible acceder ás imaxes da casa de Rosalía ou facer unha visita virtual polo seu cuarto:Casa de Rosalía
No seguinte vídeo temos unha versión cantada dun dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes".
E tamén esta fermosa canción de Lia Pamina e os Peregrinos inspirada na obra de Rosalía:
E para rematar, para os máis pequenos e pequenas:
Para ver máis información e recursos podedes ir ao blog:
1 comentario:
Grazas por recomendarvos nas vosas lecturas.
Un saúdo dende Os poemas do río
Publicar un comentario