venres, 1 de abril de 2022

"Mes do libro 2022"

Como cada ano ao longo deste mes de abril  temos de protagonista: "O LIBRO".
Neste mes recordamos títulos e por suposto autores que están na mente de todos e todas. Faise mención especial ao libro infantil e xuvenil no día 2 de abril, data na que naceu Hans Christian Andersen no 1805. Este escritor e poeta danés é coñecido  mundialmente polos seus contos para nenos e nenas. A IBBY declarou esta data Día Internacional do Libro Infantil e así lembrar a importancia de ofrecer libros axeitados a todos os nenos e nenas que os axuden a medrar como lectores e como persoas.        

23 de abril é a 2ª data simbólica do mes no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.

Ao longo deste ABRIL e para celebrar estas datas especiais, teremos no cole as seguintes actividades:
- Apadriñamento lector por parte do alumnado do 3º ciclo
- Exposición de fichas técnicas de plantas de Horto-Xardín feitas coa colaboración das familias
- Exposición temática e de novidades relacionadas co libro
Agora e para endulzar estes días, aquí vos deixamos uns vídeos relacionados cos libros e a lectura




Ningún comentario: