Xa estamos en Maio, e o mércores 17, celébrase o Día das Letras Galegas.
A autora homenaxeada este ano é Luisa Villalta, escritora galega, autora de narrativa, teatro e poesía.
Destacou pola forza da súa voz e polo seu compromiso social.
Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:No cole celebraremos esta data traballando arredor da autora homenaxeada e do proxecto deste curso, "Historias de Cine".
Este ano, teremos de novo unha dobre proposta de actividades:
- Paquete de actividades en liña que poderán realizarse de xeito virtual e/ou en papel.
- Xincana na biblioteca que realizaremos por quendas dende o luns 13 ata o venres 24.
Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña. (Tamén podedes acceder dende a pestana "Letras Galegas" da parte superior da páxina):
No que se refire á Xincana, terá lugar na biblioteca. Ao chegar, atoparemos 5 recunchos de traballo, cada un dos recunchos estará sinalizado. Antes de comezar, cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase en máximo 5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Cada equipo terá 1 díptico que lle servirá de guía para a realización das actividades. Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho Mural letras, decoración de palabras relacionadas co cine e o teatro.
Recuncho Luisa Villalta, traballo arredor da vida e obra da autora homenaxeada
Recuncho Filmoteca, crebacabezas da portada dunha película galega das expostas no panel
Recuncho Guión de Cine, elaboración dun esbozo de guión de cine segundo os datos requeridos
Recuncho Galegas de Cine, traballo arredor de mulleres galegas que exercen distintas profesións relacionadas co cine.
O equipo 1
empeza no recuncho 1 e logo continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez
rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde
numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que a/o
mestra-e de a sinal que indica cambio.
Cada equipo
atopará unha bandexa no recuncho de inicio que utilizarán no percorrido para recompilar os materiais que se van
traballando. Ao rematar deixarán a bandexa valeira no recuncho de comezo.
Cada titoría fará unha posta en común da
actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras
o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de
recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Ningún comentario:
Publicar un comentario