O 25 de maio celébrase o Día de África, en commemoración da fundación da Organización da Unidade Africana.
Este curso estamos traballando para coñecer un pouco mellor este continente, a súa xeografía, as súas xentes, a súa cultura... e descubrir as riquezas que nos pode ofrecer.
Na aula virtual do cole podemos encontrar máis actividades relacionadas, vídeos, contos... Facede click na seguinte dirección:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmanuelvidal/
xoves, 24 de maio de 2012
mércores, 11 de abril de 2012
"Letras Galegas 2012"
Recoñeces este personaxe?. Sabes onde atopalo?. O seu nome é Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano 2012 no día das "Letras Galegas". Este escritor nacido en Pontevedra foi membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias. Para saber máis preme na foto e na páxina do Seminario Galán atoparás información e actividades relacionadas coa súa vida e obra.
CANTARELA DO CANTEIRO
Valentín Paz Andrade «Sementeira do vento»
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cincel.
...
O teu arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
qué xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
...
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.
Samil (Vigo), 1959
E tamén "CANDO TI VOLVAS" «Pranto Matricial» , nunha versión feita polo CEIP San Xoán de Filgueira
xoves, 15 de marzo de 2012
"Día da Poesía, Día da Árbore"
O vindeiro mércores, 21 de marzo, está sinalado como "Día da Poesía" e "Día da Árbore". Ao longo da semana traballaremos nas aulas en torno a estas dúas temáticas do seguinte xeito:
1.- Día da Poesía
- Ilustración de poesías de Celso Emilio Ferreiro, xa que este ano se celebra o centenario do seu nacemento.
- Elaboración de poemas libremente.
Os traballos realizados serán recopilados nun libro que poderemos consultar na biblioteca na sección 4: libros de produción propia.
2.- Día da Árbore
- O día 21 varias árbores serán plantadas no patio. Posteriormente serán elaborados uns carteis co nome de cada unha delas e tamén das xa existentes.
Na biblioteca temos expostos varios libros relacionados coa vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro.
Este escritor celanovés naceu o 4 de xaneiro de 1912 e a obra que o consagrou definitivamente como poeta foi: "Longa noite de pedra" publicada no ano 1962.
A Fundación que leva o seu nome contribúe a difundir o seu legado e na súa páxina dan a coñecer as actividades programadas para celebrar este centenario. Premendo no seguinte enlace atoparedes máis información: celsoemilioferreiro
No seguinte vídeo temos unha fermosa versión dun seus poemas máis coñecidos: "María Soliña", con música de Carlos Nuñez e voz de Teresa Salgueiro.
domingo, 11 de marzo de 2012
"Semana da Prensa"
Tal e como se recolle no Calendario Escolar para o curso 2011-2012, do 12 ao 16 de marzo, terá lugar a Semana da Prensa na escola. Un día da semana adicarase a traballar cos xornais na aula.
Dende o CEIP Mestres Goldar chega a seguinte páxina de interesantes recursos.
https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/
Grazas por compartir este traballo.
Dende o CEIP Mestres Goldar chega a seguinte páxina de interesantes recursos.
https://sites.google.com/site/recursoseducativostematicos/
Grazas por compartir este traballo.
mércores, 22 de febreiro de 2012
"Eu falo así"
Nunca está de máis recordar a riqueza que nos dá a diversidade. Podemos recoñecer todas as línguas que aparecen? É unha suxestión dun compañeiro de Fornelos, grazas.
luns, 6 de febreiro de 2012
Charles Dickens
xoves, 2 de febreiro de 2012
martes, 15 de novembro de 2011
"Paco Papán" "Avós"
Ao longo do curso 2010-2011, varios nenos e nenas do cole estiveron traballando cos contos "Avós" e "Paco Papán". Nas horas de atención educativa fixeron coa profe María Carballo un taller no que ilustraron, prepararon textos, grabaron... Como remate do seu traballo, levaron a cabo varias sesións de contacontos na biblioteca para Ed. Infantil e os primeiros niveis de Ed. Primaria.
Coa presentación que fixeron, as súas voces e unha estupenda peza musical crearon estes fantásticos vídeos que esperamos vos gusten.
sábado, 12 de novembro de 2011
"Centenario Álvaro Cunqueiro"
Este ano celébrase o centenario de Álvaro Cunqueiro. En decembro cúmprense cen anos do nacemento en Mondoñedo deste gran escritor galego. Cunqueiro definiu a Galicia como "un lugar cunha grande tradición oral pero cunha escasa memoria".
Facendo click na súa foto pódese acceder a web educativa que o concello da Coruña creou para a celebración do centenario e na que se ofrecen diferentes enlaces de interese relacionados coa vida e obra de Cunqueiro.
O cantautor Luis Emilio Batallán versiona un dos seus poemas máis coñecidos, "Quen puidera namorala".
No seguinte vídeo temos un fragmento desta fermosa canción.
domingo, 6 de novembro de 2011
"Tempo de castañas"
Estamos no outono, tempo de castañas, cocidas ou asadas. Nas seguintes direccións están recollidos diferentes recursos e actividades. Todos eles están relacionados con esta época do ano.
Facendo click nas diferentes imaxes pódese acceder a cada unha das páxinas.
Grazas a tod@s os que colaboraron na elaboración das diferentes actividades propostas.

Páxina do CEIP Mestres Goldar
Páxina do CEIP Víctor Sáenz webdenorberto.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)