mércores, 11 de abril de 2012

"Letras Galegas 2012"

Recoñeces este personaxe?. Sabes onde atopalo?. O seu nome é Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano 2012 no día das "Letras Galegas". Este escritor nacido en Pontevedra foi membro da Real Academia Galega e da Academia Galega das Ciencias. Para saber máis preme na foto e na páxina do Seminario Galán atoparás información e actividades relacionadas coa súa vida e obra.


CANTARELA DO CANTEIRO 
Valentín Paz Andrade  «Sementeira do vento»

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
Con sílaba de ferreiro
canta, canta,
os minerais sonos debullando,
plim-plim, plim-plim, plim-plim...
canta, canta o teu cincel.
...
O teu arte, canteiro,
arte maior do pico e da marreta,
qué xeolóxico verso,
na castidade crúa do perpiaño
labrará para min?
...
Plim-plim, plim-plim, plim-plim...
As voces unisílabas da pedra,
só por túa mao, canteiro,
se xuntaron
ao pentagrama máxico do mundo.
                                Samil (Vigo), 1959

E tamén "CANDO TI VOLVAS" «Pranto Matricial» ,  nunha versión feita polo CEIP San Xoán de Filgueira

Ningún comentario: