Xa está aquí o Nadal e Piquín non esqueceu canto nos gustan os libros. Para grandes e pequenos, para ler en solitario ou ben acompañado... Aquí están as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións:
E antes de dar por rematado este trimestre queremos que disfrutedes coa vista da entrada da nosa biblioteca, este curso como ben sabedes cheíña de ARTE.
Para rematar o 1º trimestre do curso fixemos na biblioteca un obradoiro de pintura. Estivo no cole Antón Sobral e as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria pintaron seguindo as súas indicacións.
Para ver a reportaxe completa de fotos clicade na imaxe
Levamos case un trimestre traballando arredor da Arte e o resultado dese esforzo xa está enchendo os recunchos do cole... Piquín disfruta coa exposición de fermosos cadros que van enchendo o seu museo e o teñen engaiolado.
Celebramos o Samaín e o cole encheuse de cabazas, pantasmas, bruxas, monstros... Na biblioteca disfrutamos de contacontos de medo, os corredores convertéronse en terroríficos pasadizos e no salón de actos tivemos aterradoras actuacións musicais . Foi o Samaín... e todos - grandes e pequen@s -pasámolo de ¡¡Medo!!
Estamos rematando setembro e xa listos para abrir a nosa porta...
O gran día será o 9 de OUTUBRO!!!
Pero antes, na vindeira semana, do 2 ao 6 de outubro estades todas e todos invitados a visitarnos. Temos un montón de novidades que contarvos e queremos presentarvos o proxecto deste ano: "A BIBLIOTECA DOS ARTISTAS"
Pois si... Arte, temos moito que investigar xuntos, descubriremos artistas famosos e outros non tan coñecidos, buscaremos o artista que todos levamos dentro, pero... sabemos que é un ARTISTA???
Esa será unha das grandes dúbidas que deberemos resolver.
Xa temos unha relación de recursos no apartado de proxectos que iremos ampliando ao longo destes días e que podedes consultar.
Agardamos que disfrutedes ao longo do curso con esta nova proposta.
Para ir abrindo paso comezamos con algún que outro vídeo:
Xa chegaron as vacacións... pero antes de rematar, na última semana, quixemos despedir aos bibliotecarios cun pequeno agasallo para agradecerlles o seu gran traballo ao longo do curso.
Algúns voltarán en setembro, outros comezarán unha nova etapa. Boa sorte e boas vacacións a todas e todos.
Antes de irnos de vacacións queremos presentarvos o resumo dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no cole e que foron propostas polo equipo Unesco.
Aquí deixamos unha presentación sobre o requeixo, actividade feita na biblioteca na primeira semana de xuño e da que todas e todos poidemos disfrutar.
Tamén tivemos unha exposición sobre o Atlántico na que colaboraron as familias coa elaboración dos traballos
Dentro das últimas actividades do curso e organizada polo equipo de Unesco tivemos unha estupenda actividade na biblioteca.
Fixemos un obradoiro de requeixo. A señora Ester veu explicarnos de onde sae o requeixo e como se fai, seguindo sempre a elaboración artesanal que ela coñece dende hai anos.
Ao rematar o obradoiro e despois de 2 días de callado poidemos saborear o requeixo nas diferentes titorías. Moitas gracias!!
"O cole que queremos" foi o lema da nosa biblioteca na Semana das Letras Galegas, e aquí está o mural coas suxestións que entre tod@s quixemos deixar expostas.
Aquí vos deixamos un resumo do paso das diferentes titorías pola biblioteca na semana das Letras Galegas para participar na Olimpiada que Piquín tiña preparada para tod@s. Esperamos que sexa do voso agrado.