No CEIP Manuel Vidal Portela queremos poñer en valor, unha vez máis, a nosa lingua e a nosa cultura nunha data tan sinalada como o 17 de maio, o Día das Letras Galegas. Unha xornada para lembrar a importancia da nosa literatura e das persoas que a fixeron medrar co seu talento e compromiso.
Con este motivo, desde a biblioteca organizamos un espazo dedicado especialmente a esta celebración, no que poderedes atopar unha selección de obras representativas de diferentes autoras e autores homenaxeados ao longo dos anos. Ademais, completamos este recuncho con materiais informativos e biográficos que nos axudan a coñecer mellor as súas vidas e a súa achega á nosa cultura.
Neste 2026, a escritora homenaxeada é Begoña Caamaño, unha figura fundamental da nosa literatura, cuxa obra e pensamento seguen a ser unha inspiración para moitas persoas. 📖✨
Agardámosvos na biblioteca para descubrir, ler e celebrar xuntas e xuntos a nosa lingua! 🌸
Ningún comentario:
Publicar un comentario