Esta semana abre a nosa biblioteca.
A partir do luns poderedes disfrutar do seu uso na hora do recreo. Tamén podedes visitala nas horas establecidas de titoría, e os luns, mércores e xoves polas tardes de 16´30 a 18´30. Recordade que nesas horas da tarde, os menores de 9 anos tendes que vir acompañados dun adulto.
Para facilitar o uso nos recreos dividimos a semana por cursos.
Os luns e os mércores correspóndelle a 1º e 2º de primaria. Os martes e xoves son para 3º e 4º de primaria. En canto aos maiores, 5º e 6º terán acceso todos os días e en exclusiva os venres. Ademais o último venres de cada mes os bibliotecarios serán os únicos que poderán acudir para reorganizar recunchos e colaborar noutras tarefas da biblio.
Bó curso a todas e todos e esperamos a vosa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario