luns, 22 de abril de 2013

"23 de abril"

O 23 de abril é unha data simbólica no mundo da literatura. Nese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. Este é o motivo polo cal a UNESCO elixiu esta data para rendir homenaxe ao libro e aos autores.
Ao longo desta semana e para celebrar esta data especial, no cole faremos as seguintes actividades:
  •  Exposición "Entre Libros" na que colgaremos fotos de todos e todas lendo.
  • Apadriñamento lector por parte dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º que contarán contos aos demais niveis o luns 22, martes 23 e mércores 24.
  •  Exposición de libros que teñen como protagonista o libro.
  • Exposición de contos de Andersen.


Ningún comentario: