venres, 16 de outubro de 2026

🍂🎃 Novas lecturas para celebrar o Samaín e o Magosto! 📚🌰

 O outono tamén se vive entre as páxinas dos libros! Na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela agárdanvos novas propostas lectoras para gozar destas semanas tan especiais. Reunimos historias cheas de misterio, relatos arrepiantes, aventuras con cabazas e contos divertidos, xunto con libros que nos transportan ao ambiente do Magosto, ás castañas asadas e ás tradicionais fogueiras outonais.

Se vos apetece pasar un pouco de medo, botar unhas risas ou simplemente descubrir novas historias, esta selección é para vós!

Achegádevos á biblioteca para coñecer todas estas novidades e escollede as vosas favoritas. Podedes desfrutalas alí mesmo ou levalas en préstamo para continuar a aventura na casa, coa familia ou coas amizades.

Este outono, celebramos o Samaín e o Magosto cun bo libro entre as mans! 🍁📖🌰

luns, 12 de outubro de 2026

📚✨ A biblioteca énchese de novas historias!

 Con motivo da apertura da biblioteca neste curso 2026-2027, na entrada da biblioteca atoparedes unha selección de libros relacionados co mundo da escola: historias de aulas, mestres e mestras, amizades, recreos, primeiros días de curso e todas esas aventuras que forman parte da vida no cole. Unha pequena colección para comezar o curso lendo, lembrando e descubrindo novas historias.

Achégate, bota unha ollada e escolle o teu! 📖✨



xoves, 1 de outubro de 2026

📚 Facendo Camiño 💙💛

 A nosa biblioteca xa está preparada para comezar a camiñar! 

Xa podedes atopar unha selección de libros sobre a temática do proxecto deste curso, «Facendo Camiño», dedicado ao Camiño de Santiago e á súa dimensión universal e intercultural. Historias, aventuras, lendas e personaxes que nos permitirán coñecer mellor os diferentes camiños e todo o que os rodea. 

Xa están listos na biblioteca. Animádevos a descubrilos e... facemos camiño xuntos! 

Tardes na biblioteca

 

Decálogo da biblioteca

DESCARGA AQUÍ