As vacacións de Nadal van chegando e teremos moito tempo para descansar e estar coa familia. Pero, coma sempre, Piquín non quere deixarvos marchar, sen agasallarvos coas súas recomendacións lectoras para desfrutar nestes días. Os libros, neste Nadal tan especial, serán ademais unha grande oportunidade para COMPARTIR con aquelas persoas que son importantes na vida de cada un e cada unha de vós. ¡¡¡Boas Festas!!! a todas e todos.
E aquí vos deixamos o cartel do proxecto deste ano, no que, grazas ao profe Roberto, xa temos a Piquín vestido para a ocasión.
Chega o Samaín, este ano un pouco diferente, o cole non lucirá este curso os seus corredores cheos de cabazas, esqueletos, teas de arañas, morcegos... pero aínda así o espirito desta celebración non vai faltar. Xa está aquí o tempo de contar e cantar terroríficas historias.
Pero... sabedes que o Samaín é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o principio do Novo Ano no calendario celta? Se estades interesad@s na súa orixe premede no seguinte enlace:
No cole, para celebralo, o venres podemos vir disfrazados, e ao longo da semana disfrutaremos cos contos, cancións e outras actividades que organizaremos nas aulas. Na biblioteca temos moitos contos de bruxas, monstros, vampiros... dará medo abrilos??? Disfrutade co seguinte vídeo, cheo de algúns deses personaxes.
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
Estou desexando que veñades visitarme, aínda que este ano teremos que seguir as instrucións da biblioteca con moita atención.
Non estará aberta nos recreos, pero si de xeito diferente ao longo da mañá.
Quero presentarvos a proposta que temos para este ano.
O título do novo proxecto é:
"CO CAMBIO TODO CAMBIA"
¿Sabedes xa sobre que imos investigar?
Pois si, sobre o Cambio Climático, algo que me ten moi preocupado nestes últimos anos. E imos comezar con algún vídeo que nos fará pensar:
E por último, quero que vexades como está distribuida a biblioteca. Este ano, cada nivel terá o seu recuncho de uso, é importante que sexamos quen de respectalo.
Xa chegan as vacacións... nesta ocasión un fin de curso diferente, pero antes de marchar queremos agradecer aos bibliotecarios e bibliotecarias voluntarios o seu traballo e esforzo realizado ao longo do ano.
Sabemos que algúns deles continuarán como axudantes de biblioteca, expertos colaboradores xa, outros comezarán unha nova etapa, secundaria, na que lles desexamos sorte.
A todas e todos moitas grazas. Sen a vosa axuda, manter a biblioteca aberta no recreo sería unha tarefa case imposible, entre outras moitas actividades que dependen da vosa colaboración.
E Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole
¡¡¡Boas Vacacións!!!
Aos que seguiredes en setembro no cole, grandes e pequenos, agardamos vervos con moitas novidades e un novo proxecto por diante.
Estamos xa chegando as vacacións de verán, queda moi pouquiño para poder descansar. Pero antes de despedirnos queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras. Para viaxar, para soñar, para desfrutar sós ou en compañía, vaias onde vaias un libro sempre te acompaña.
A proposta das Letras Galegas deste ano, aínda que celebradas de xeito diferente, obtivo unha excelente resposta . Aquí tendes un vídeo feito con todos os debuxos recibidos.
Esperamos que vos guste e atopedes o voso retrato.
Este ano, o autor elixido para as "Letras Galegas 2020", é Ricardo Carvalho Calero. Pero como igual xa sabedes, todos os actos relacionados coa homenaxe a este escritor foron pospostos ata o outono por mor do Covid-19. Aínda así, queremos presentarvos un vídeo que nos fala da súa vida para que o vaiades coñecendo un pouquiño:
Deixámosvos tamén un vídeo cunha lectura dun poema do escritor recitado por unha docente, que nos parece moi axeitado para esta época de confinamento.
E non imos deixar pasar o "17 de Maio, Día das Letras Galegas", sen resaltar a importancia desta conmemoración, data destacada no calendario, por homenaxear a todas aquelas persoas que defenderon o Galego a través da lingua escrita.
Polo tanto, e como mostra de agradecemento pola súa dedicación, deixamos o seguinte vídeo, unha presentación con todos os escritores e escritoras homenaxeados ao longo dos anos, unha pequena ollada á riqueza do noso Patrimonio Literario.
E despois desta voltiña polos nomes e fotos de todas e todos eles, temos unha proposta especial para vós:
- Elixide un dos escritores ou escritoras homenaxeado ao longo dos anos
- Collede o seu retrato e facede unha caracterización transformándoo nun SER FANTÁSTICO COIDADOR da nosa Lingua, non esquezades poñer o nome do escritor ou escritora.
- Cando teñades listo o novo RETRATO tuneado facede unha foto e enviádea ao seguinte correo:
manuelvidalportela@gmail.com
- As fotos serán recollidas entre o 18 e o 22 de maio.
Todos os retratos caracterizados recibidos serán expostos conxuntamente polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro nos seus blogs na semana seguinte.
Si queredes ir botando unha ollada aos recursos dispoñibles elaborados por outros centros e entidades, aquí tendes onde atopalos:
Grazas a todas as persoas que colaboraron na elaboración destes recursos e os compartiron para que todo o mundo poida desfrutalos.
Hoxe queremos deixarvos unha proposta especial chegada dende o Salón do Libro:
"Escola virtual de lectura para familias curiosas"
Trátase dunha interesante iniciativa que pretende, ao longo de varias sesións, chegar ás familias para fomentar o amor polos libros cos seus fillos e fillas e ofrecer ferramentas que lles axuden nesa tarefa.
Clicade na imaxe e chegaredes axiña.
Imos presentarvos unha iniciativa que leva xa funcionando dende fai algún tempo. É unha inciativa do colectivo NOGA (narración oral galega), que decidiu compartir contos con todas e todos para axudarnos a pasar un bo rato mentres non podemos escoitalos doutro xeito.
Aquí vos deixamos unha mostra entre outras moitas ás que podedes achegarvos. Neste caso trátase de Pelostortos, unha simpática versión de Atenea García.
O Salón do Libro deste ano resultou unha edición moi especial.
Non puidemos visitalo de xeito físico pero o Salón seguiu camiñando e ofrecendo as súas actividades, non parou e adaptou esta edición ao mundo virtual para que o desfrutaramos igualmente.
Para todas as persoas que non o visitastes aínda, aquí vos deixamos a posibilidade de facelo dende este lugar... un xeito fantástico de rematar este Mes do Libro. Clicade na imaxe de Orbil e chegaredes axiña.
Hoxe, xoves 23 de abril, como ben sabedes é o “Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor”.
Piquín, ao longo destas semanas, recolleu todas as fotos enviadas respondendo a súa proposta especial para esta data e… preparou un fermoso agasallo para todas e todos vós.
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible coa vosa participación.
Agora soamente queda que atopedes a vosa foto. Esperamos que vos guste.
Marzo remata e xa estamos ás portas de Abril, Mes do Libro. E como preparación para a súa chegada temos un fermoso conto para fomentar a lectura e recordar cantas boas aventuras podemos atopar nos libros..
Neste mes de marzo comezou o Campionato de Xadrez. Xogamos 1ª e 2ª Fase e tivemos que deixalo sen rematar.
Iso non quere dicir que o esquezamos sen máis. Seguide practicando na casa, á volta teremos a lista das novas parellas. Xogaremos a Semifinal tal é como estaba previsto... aínda que con datas novas.
Mentres tanto, deixámosvos coas fotos das primeiras partidas.
Apego é un proxecto dos servizos de Normalización lingüística de diferentes concellos galegos creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Entre os seus recursos ofrece contos, música, audiovisuais... e moitos máis que podedes consultar clicando na seguinte imaxe:
A Biblioteca Dixital Mundial, BDM, ofrece acceso gratuito a manuscritos, libros, mapas, fotos e outros importantes documentos de interés cultural.
Aquí podedes consultala clicando na imaxe.
O Salón do Libro tamén tivo que pechar as súas portas, pero iso non quere dicir que quedemos sen visitalo. Estiveron traballando arreo para que todas as persoas grandes e pequenas poidan gozar desta fermosa visita virtual. Esperemos que sexa do voso agrado. Xa nos contaredes.
Clicade na imaxe para acceder
Colleunos un pouco de sorpresa, pero é importante que manteñamos e calma e tentemos gozar destes días. Sempre podemos aproveitar o tempo facendo diferentes tarefas e marcando un ritmo diario que nos axude a manter a nosa mente activa.
Piquín atópase un poco só na biblioteca e para seguir en contacto e sentir a vosa compañía irá deixando aquí pequenas suxestións que podedes aproveitar nestes días.
O Venres 21 de Febreiro celebraremos o entroido no cole. A proposta da biblioteca para este curso como ben sabedes ten por título "Un Mundo de Fantasía". Así que neste entroido, cada nivel elexirá un ser fantástico para o seu disfrace.
No entroido tradicional galego teñen cabida o baile, as máscaras, o xogo...
E unha boa mostra de todo podemos atopala facendo click nesta fermosa imaxe.
Unha boa recompilación de recursos con unidades didácticas, actividades lim, vídeos, manualidade, receitas e moitros outros que esperamos sexan do voso agrado.
E no seguinte enlace atoparedes máis: CEIP MESTRES GOLDAR
Grazas a todos os que fan posible que disfrutemos deste gran traballo.
A semana da Paz rematou, estivo chea de actividades feitas nas aulas e tamén tivemos un acto conxunto no patio. Pero a biblioteca estivo igual de atareada nos recreos: contos e proxeccións para todas e todos.