mércores, 18 de marzo de 2020

"Tempo na casa"

Ola a todas e todos, é tempo de quedar na casa. 
Colleunos un pouco de sorpresa, pero é importante que manteñamos e calma e tentemos gozar destes días. Sempre podemos aproveitar o tempo facendo diferentes tarefas e marcando un ritmo diario que nos axude a manter a nosa mente activa. 
Piquín atópase un poco só na biblioteca e para seguir en contacto e sentir a vosa compañía irá deixando aquí pequenas suxestións que podedes aproveitar nestes días.
Apertas grandes e... agardando as vosas visitas.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ola!

Somos Enzo e Eloy de 3ºB e 1ºA. Nós aproveitamos estes días para descubrir dúas coleccións de libros que nos están gustando moito: Marcopola e Animalia.
Animámosvos a lelos. Ides rir moito con eles.
Unha aperta,

Enzo e Eloy