Este ano o "Salón do Libro" está relacionado coa "ARTE" e como en Ed. Infantil temos grandes artistas, entre todas e todos fixemos unha reproducción da Horta-Xardín de Piquín e un fermoso conto.
O conto foi elaborado seguindo a idea de "A Horta de Simón" de Rocío Alejandro da editorial Kalandraka e agora está exposto no Salón do Libro xunto cos traballos doutros centros.
Aquí vos deixamos a nosa HORTA-XARDÍN e o conto feito polo alumnado
Para rematar o traballo fixemos unha visita ao Salón onde nos estaba esperando Orbil, que como sabemos é un gran amigo de Piquín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario