martes, 2 de maio de 2023

"Letras Galegas 2023"


Maio xa comezou, e como sabedes o mércores 17, celébrase o Día das Letras Galegas. 
O autor homenaxeado este ano é Francisco Fernández del Riego, escritor galego e cofundador da editorial Galaxia. 
Francisco, foi presidente da Real Academia Galega. 
Ademais de ser un dos impulsores do "Día das Letras Galegas", foi quen propuxo que o idioma galego fose estudado en todos os niveis do ensino público. 

Nos seguintes enlaces podemos consultar a súa biografía e obra:
No cole celebraremos esta data traballando arredor do autor homenaxeado e do proxecto deste curso, "Pokémons na Biblio".
Este ano, teremos de novo unha dobre proposta de actividades:
-  Paquete de actividades en liña que poderán realizarse de xeito virtual e/ou en papel.
- Xincana na biblioteca que realizaremos por quendas dende o xoves 11 ata o venres 19.
Para poder acceder ás actividades virtuais podedes premer nas fotos ou nos enlaces correspondentes a cada nivel e chegaredes axiña. (Tamén podedes acceder dende a pestana "Letras Galegas" da parte superior da páxina):
No que se refire á Xincana, terá lugar na biblioteca. Ao chegar, atoparemos 6 recunchos de traballo, cada un dos recunchos terá 1 pokémon de referencia.  Antes de comezar, cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  máximo 5 equipos de 4/5 nenos e nenas. 

Cada equipo terá 3 cartas pokémon cun Nº na parte superior. O nº indica a orde na que deben realizar a tarefa proposta na parte traseira da carta. O pokémon de cada carta indica o recuncho ao que se teñen que dirixir para realizar a tarefa. Cada equipo deberá percorrer 3 dos recunchos sinalizados.

Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:

Ed. Infantil / 1º ciclo de Ed. Primaria

Recunchos vida e obra, elaborar un collage en A3 cunha foto e datos sobre Francisco Fernández del Riego.  Decoralo libremente.

Recunchos bibliografía, facer un crebacabezas da portada dun dos libros expostos no panel e pegalo.

Recunchos mural letras, elixir unha foto dun autor ou autora entre as persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas ao longo dos anos. Pegala no lugar correspondente no mural, segundo o Nº ou código que teña detrás. Anotar na carta o nome dese autor ou autora e o ano de homenaxe. No caso do 1º ciclo, completar ademais co título dunha das súas obras.

2º e 3º ciclo de Ed. Primaria

Recunchos vida e obra, completar o cuestionario, (na parte traseira da carta), sobre a biografía e traballo de Francisco Fernández del Riego.

Recunchos bibliografía, dar resposta e completar os datos requiridos relacionados coas portadas expostas no recuncho. Elixir unha portada da bandexa correspondente e decorala libremente.

Recunchos mural letras, elixir unha portada dun libro (5º/6º) ou foto (3º/4º), dun autor ou autora entre as persoas homenaxeadas  no Día das Letras Galegas ao longo dos anos. Pegala no lugar correspondente no mural, segundo o código que teña detrás. Anotar na carta o título/nome dese autor ou autora, o ano de homenaxe e o título dunha das súas obras. Facer o mesmo coa persoa homenaxeada anterior e posterior.

Cada titoría disporá de tantos sobres como equipos teña en aula. Cada sobre conterá as 3 cartas pokémos necesarias para a actividade. Cada equipo comezará a actividade no recuncho que lle indique a súa carta TAREFA 1.

Continuase a ronda tendo 10´ por recuncho. Unha vez rematados os 10´ paramos o tempo e cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica das cartas. 

Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…

 Ao remate, cada titor e titora repartirá a cada nena e neno 1 Medalla Arcoiris pola súa participación nas tarefas.

martes, 14 de febreiro de 2023

"Entroido 2023"

O Entroido xa está aquí. Este ano, como sabedes, a temática arredor da cal xirará todo son os Pokémons.
Ao longo da semana falamos e investigamos sobre esta festa, as súas orixes, a vestimenta, a comida propia da época e todo canto a rodea, sen esquecer que nentroido tradicional galego teñen cabida o baile, as máscaras, o xogo...
E unha boa mostra de todo podemos atopala facendo click nesta fermosa imaxe.


Unha boa recompilación de recursos con unidades didácticas, actividades lim, vídeos, manualidades, receitas e moitros outros que esperamos sexan do voso agrado, podedes atopala no seguinte enlace:

CEIP MESTRES GOLDAR

E un recurso de grande interese para os máis pequenos e pequenas

 

  Grazas a todos os que fan posible que disfrutemos deste gran traballo.

xoves, 15 de decembro de 2022

"Guía de Lecturas de Nadal 22"

Xa estamos en decembro, o Nadal case chegou, e antes de irnos de vacacións Piquín quere amosarvos as súas recomendacións lectoras.

Se buscades un bo agasallo para calquera ocasión, cun libro sempre acertaredes, cadaquén ten o seu preferido e para que teñades onde elixir, aquí está a Guía de Nadal 22:

mércores, 14 de decembro de 2022

"Agasallo para Piquín e a Biblio"

En Novembro, Piquín recibiu unha sorpresa moi especial:
O padriño de Olmo escribiu un conto no que Olmo é o protagonista principal, unha historia moi especial que quixo compartir con nós. 
Na hora do recreo, agasallounos cun exemplar para Piquín e a Biblioteca, poderedes atopalo en breve na exposición de Novidades.
¡¡MOITAS GRAZAS Olmo e familia!!



martes, 13 de decembro de 2022

"Piquín e os Pokémons"

Este curso, Piquín quere amosarnos a súa imaxe como entrenador Pokémon, xunto con algún dos máis preciados así e como aparece na entrada da Biblioteca. 



E como este tema atrae moito aos rapaces e rapazas do cole algúns van facendo e amosando as súas creacións, como esta que tendes a continuación:

mércores, 7 de decembro de 2022

"Dereitos Humanos"

O día 10 de Decembro é o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
http://www.un.org/es/events/humanrightsday/
Clicando na imaxe podedes atopar máis información sobre este día e o seu significado.
E tamén nos gusta recordar para esta data unha frase de Mandela:
"A Educación é a arma máis poderosa que podemos usar para cambiar o mundo"
O Ceip Mestres Goldar traballou na recompilación de recursos que puxo a disposición de todos nós. Grazas a todos os implicados neste traballo:
DEREITOS HUMANOS
Algúns dos títulos que temos na nosa biblioteca relacionados con este tema son:




E na seguinte canción, Dereitos Humanos o mellor instrumento:

domingo, 23 de outubro de 2022

"O CASTELO"

Esta semana, Iván Penelas e Marcos Rodríguez deixaron en préstamo na Biblioteca un fermoso castelo. Está feito en cartón e deseñado por eles mesmos. Se queredes velo, podedes atopalo exposto na entrada da biblio, onde quedará unha temporadiña. 
Do mesmo xeito que o resto dos materiais, debemos tratalo con moito agarimo e coidalo entre todas e  todos.
Moitas grazas Marcos e Iván polo voso traballo e por compartilo con nós.


domingo, 16 de outubro de 2022

"Boas Prácticas"

Nesta páxina, aloxada nunha das pestanas superiores do blog, podedes atopar diferentes recursos relacionados coas Boas Prácticas na escola: "Atención a Diversidade", "Valores", "Inclusión"...
Clicade nas seguintes imaxes para tamén acceder aquí a cada un dos recursos:





domingo, 25 de setembro de 2022

¡¡NOVA PROPOSTA!!

Todas e todos preparados?, a biblioteca abre un curso máis as súas portas, será o Luns 3 de outubro.
Como todos os anos, agardo a vosa visita nos recreos, nos días que tendes asignados por curso.
Xa coñecedes a proposta sobre a que imos investigar este ano, foi elixida por todas e todos vós, e sei que é un tema que vos interesa moitíiiiisimo: 
"POKÉMONS NA BIBLIOTECA"
Desta volta non precisades máis pistas, pero teremos moitos datos sobre o seu mundo que seguro vos van sorprender. 
Na pestana de "Os noso proxectos" deste blog xa podedes atopar algúns recursos para utilizar, pronto haberá máis.
Estade atentas e atentos as novas propostas e man a man desfrutaremos de cada descubrimento.
E para comezar, aquí deixamos un par de vídeos:


xoves, 8 de setembro de 2022

CHEGOU SETEMBRO E...

Benvidos e benvidas de novo ao cole.
O curso 2022-2023 xa botou a andar e a biblioteca está preparando novas sorpresas.
Temos propostas para investigar e divertirnos xuntos, moi pronto recibiredes pistas ao respecto pero mentres e para comezar deixamos este vídeo que esperamos sexa do voso agrado: