luns, 26 de outubro de 2020

"Samaín"

Chega o Samaín, este ano un pouco diferente, o cole non lucirá este curso os seus corredores cheos de cabazas, esqueletos, teas de arañas, morcegos... pero aínda así o espirito desta celebración non vai faltar. Xa está aquí o tempo de contar e cantar terroríficas historias.

Pero... sabedes que o Samaín  é de orixe celta?... e que nesa noite se celebraba o final da tempada de colleitas e o  principio do  Novo  Ano no calendario celta? Se estades interesad@s na súa orixe premede no seguinte enlace:

No cole, para celebralo, o venres podemos vir disfrazados, e ao longo da semana disfrutaremos cos contos, cancións e outras actividades que organizaremos nas aulas.
Na biblioteca temos moitos contos de bruxas, monstros, vampiros... dará medo abrilos???
Disfrutade co seguinte vídeo, cheo de algúns deses personaxes.

 
Si queredes ver ou saber máis cousas, podedes premer aquí:
ou debaixo da cabeceira en RECURSOS e  atoparedes moitos máis.
GRAZAS a todas as persoas  que elaboraron estes recursos e os compartiron para que os demais poidamos utilizalos.

domingo, 18 de outubro de 2020

¡¡¡E xa listos para comezar!!!

Ola a todas e todos
Supoño que me recordades, son eu, ¡¡¡PIQUÍN!!!
¡Teño xa todo disposto para abrir de novo! 
Estou desexando que veñades visitarme, aínda que este ano teremos que seguir as instrucións da biblioteca con moita atención.
Non estará aberta nos recreos, pero si de xeito diferente ao longo da mañá.
Quero presentarvos a proposta que temos para este ano.
O título do novo proxecto é: 
"CO CAMBIO TODO CAMBIA"
¿Sabedes xa sobre que imos investigar?
Pois si, sobre o Cambio Climático, algo que me ten moi preocupado nestes últimos anos. E imos comezar con algún vídeo que nos fará pensar:

 


 
E por último, quero que vexades como está distribuida a biblioteca. Este ano, cada nivel terá o seu recuncho de uso, é importante que sexamos quen de respectalo.

venres, 19 de xuño de 2020

"Boas Vacacións"


Xa chegan as vacacións... nesta ocasión un fin de curso diferente, pero antes de marchar queremos agradecer aos bibliotecarios e bibliotecarias voluntarios o seu traballo e esforzo realizado ao longo do ano.
Sabemos que algúns deles continuarán como axudantes de biblioteca, expertos colaboradores xa, outros comezarán unha nova etapa, secundaria, na que lles desexamos sorte. 
A todas e todos moitas grazas. Sen a vosa axuda, manter a biblioteca aberta no recreo sería unha tarefa case imposible, entre outras moitas actividades que dependen da vosa colaboración.
E Piquín non quere marchar sen desexar a todo o cole 
¡¡¡Boas Vacacións!!!
Aos que seguiredes en setembro no cole, grandes e pequenos, agardamos vervos con moitas novidades e un novo proxecto por diante.
¡¡¡Bo verán!!!

xoves, 11 de xuño de 2020

"Recomendacións Lectoras no Verán 2020"

Estamos xa chegando as vacacións de verán, queda moi pouquiño para poder descansar. Pero antes de despedirnos queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras. Para viaxar, para soñar, para desfrutar sós ou en compañía, vaias onde vaias un libro sempre te acompaña.



sábado, 30 de maio de 2020

"Retratos nas Letras Galegas 2020"

A proposta das Letras Galegas deste ano, aínda que celebradas de xeito diferente, obtivo unha excelente resposta . Aquí tendes un vídeo feito con todos os debuxos recibidos.
Esperamos que vos guste e atopedes o voso retrato. 
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible. 


xoves, 14 de maio de 2020

"Letras Galegas 2020"

Este ano, o autor elixido para as "Letras Galegas 2020", é Ricardo Carvalho Calero. Pero como igual xa sabedes, todos os actos relacionados coa homenaxe a este escritor foron pospostos ata o outono por mor do Covid-19. Aínda así, queremos presentarvos un vídeo que nos fala da súa vida para que o vaiades coñecendo un pouquiño:


Deixámosvos tamén un vídeo cunha lectura dun poema do escritor recitado por unha docente, que nos parece moi axeitado para esta época de confinamento.


E non imos deixar pasar o "17 de Maio, Día das Letras Galegas", sen resaltar a importancia desta conmemoración, data destacada no calendario, por homenaxear a todas aquelas persoas que defenderon o Galego a través da lingua escrita. 
Polo tanto, e como mostra de agradecemento pola súa dedicación, deixamos o seguinte vídeo, unha presentación con todos os escritores e escritoras homenaxeados ao longo dos anos, unha pequena ollada á riqueza do noso Patrimonio Literario.

                                     
E despois desta voltiña polos nomes e fotos de todas e todos eles, temos unha proposta especial para vós:
- Elixide un dos escritores ou escritoras homenaxeado ao longo dos anos
- Collede o seu retrato e facede unha caracterización transformándoo nun SER FANTÁSTICO COIDADOR da nosa Lingua, non esquezades poñer o nome do escritor ou escritora. 
- Cando teñades listo o novo RETRATO tuneado facede unha foto e enviádea ao seguinte correo:
                   manuelvidalportela@gmail.com
- As fotos serán recollidas entre o 18 e o 22 de maio.
Todos os retratos caracterizados recibidos serán expostos conxuntamente polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro nos seus blogs na semana seguinte.
Si queredes ir botando unha ollada aos recursos dispoñibles elaborados por outros centros e entidades, aquí tendes onde atopalos:








Grazas a todas as persoas que colaboraron na elaboración destes recursos e os compartiron para que todo o mundo poida desfrutalos.

luns, 11 de maio de 2020

"Escola Virtual de Lectura para Familias Curiosas"

Hoxe queremos deixarvos unha proposta especial chegada dende o Salón do Libro:
"Escola virtual de lectura para familias curiosas"
Trátase dunha interesante iniciativa que pretende, ao longo de varias sesións, chegar ás familias para fomentar o amor polos libros cos seus fillos e fillas e ofrecer ferramentas que lles axuden nesa tarefa.
Clicade na imaxe e chegaredes axiña.

http://www.pazodacultura.org/actividades/escola-de-lectura-virtual-para-familias-curiosas.aspx

martes, 5 de maio de 2020

"Pandemia de Contos"

Imos presentarvos unha iniciativa que leva xa funcionando dende fai algún tempo. É unha inciativa do colectivo NOGA (narración oral galega), que decidiu compartir contos con todas e todos para axudarnos a pasar un bo rato mentres non podemos escoitalos doutro xeito.
Aquí vos deixamos unha mostra entre outras moitas ás que podedes achegarvos. Neste caso trátase de Pelostortos, unha simpática versión de Atenea García.

xoves, 30 de abril de 2020

"Salón Virtual do Libro"

O Salón do Libro deste ano resultou unha edición moi especial. 
Non puidemos visitalo de xeito físico pero o Salón seguiu camiñando e ofrecendo as súas actividades, non parou e adaptou esta edición ao mundo virtual para que o desfrutaramos igualmente.
Para todas as persoas que non o visitastes aínda, aquí vos deixamos a posibilidade de facelo dende este lugar... un xeito fantástico de rematar este Mes do Libro. Clicade na imaxe de Orbil e chegaredes axiña.


mércores, 22 de abril de 2020

"Día do Libro 2020"

Hoxe, xoves 23 de abril, como ben sabedes é o “Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor”.
Piquín, ao longo destas semanas, recolleu todas as fotos enviadas respondendo a súa proposta especial para esta data e… preparou un fermoso agasallo para todas e todos vós.
Grazas a todas as persoas que o fixestes posible coa vosa participación.
Agora soamente queda que atopedes a vosa foto. Esperamos que vos guste.