Tal e como ven recollido no Calendario Escolar para este curso 2010-2011, do 8 ao 12 de marzo de 2011, ten lugar a "Semana da Prensa" na escola.
Según se recolle no DOG, un día desta semana traballarase na aula con xornais.
Podemos aproveitar a ocasión para traballar sobre a importancia dos medios de comunicación escrita e o seu papel como informadores; sobre os xornais e as noticias, que son, para que serven; o formato das noticias, tipos...
Para facilitar esta labor no Ceip Mestres Goldar.Vigo elaboraron unha Escolma de recursos da rede (realizada por Julia González), na que fixeron unha estupenda recompilación de materiais para traballar na aula.
Ao coincidir en datas co Entroido queda moi pouco tempo nesta semana para esta tarefa, polo que podemos utilizar os seguintes recursos para traballar nas vindeiras semanas.
Grazas a tod@s os que cooperaron na elaboración e presentación destes traballos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario