O día 20 de Novembro de 1989, foi aprobada pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración sobre os Dereitos do Neno. Desde entón, nesta data, celébrase o “Día Universal da Infancia”.
No seguinte vídeo, atopamos unha versión na que se nos recorda que calquera menor é unha persoa con dereito a ter unha familia, ser coidado, protexido e educado, independentemente do lugar no que nacese. Do mesmo xeito, que é unha persoa con dereito a divertirse, ser feliz, aprender e expresarse con liberdade.
De ahí a importancia de concienciar a tod@s, grandes e pequenos, e traballar en conxunto para que en calquera parte do mundo, todo neno e nena teña unha vida digna e un futuro mellor.
Facendo click nas seguintes imaxes, pódese acceder a distintos recursos educativos recopilados por centros educativos e outras entidades. Grazas a todos os que colaboraron na súa elaboración e decidiron compartilos cos demáis.
CEIP MESTRES GOLDAR
|
CEIP MILLADOIRO |
enrédate.org
E para rematar outra fermosa canción
Ningún comentario:
Publicar un comentario