Xa temos preparada na biblioteca unha selección especial de libros sobre o Nadal! Agárdanvos contos cheos de maxia e ilusión sobre os Reis Magos, o Apalpador e Papá Noel, lendas de inverno, historias que nos falan de solidariedade e amizade, e moitas aventuras para gozar nestas datas tan especiais. Ademais, este ano incorporamos varias novidades que de seguro vos van sorprender. Achegádevos á biblioteca, escollede o voso libro favorito e levade para casa un anaco de maxia para desfrutar durante esta época chea de maxia
!
E isto non é todo! Nas vindeiras semanas aínda nos agardan máis sorpresas e actividades especiais. Así que estade moi atentos ás novidades de Bibliopiquín! 🎁❄️📖




