domingo, 3 de maio de 2015

"Letras Galegas 2015"


J.F. Filgueira, a los 17 años..jpg
Xa estamos no mes de maio e falta moi pouquiño para o domingo 17, día no que terá lugar a celebración das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra, e por iso este ano a actividade no cole terá un sentir máis especial.
Este ano a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras pola súa adicación a divulgación da língua e a cultura galega. 
Nos seguintes enlaces podemos consultar a sua biografía e obra e tamén ver algún vídeo relacionado:
filgueiravalverde
Vida e obra de Filgueira Valverde
Pronto daremos máis información sobre a actividade que xa se está preparando no cole para esas datas. Teremos sorpresas, haberá grandes novidades!!!


Mentres aquí vos deixamos o seguinte video:

"Día do Libro no cole"

Sabemos que o mes de Abril é un mes con moita actividade no noso cole. Este curso non podía ser menos e dende o 1 ao 30 tivemos actividades que nos gustaron moito.
- Para comezar varios niveis visitaron a Biblioteca Pública e disfrutaron de estupendos contacontos.
- En 2º lugar, no cole, os nenos e nenas de 6ª de Primaria prepararon varias historias para contar ao resto dos rapaces e rapazas de todo o centro.
Clicando na páxina de Normalización Linguística: Alborada do Lérez
ou abaixo na foto, podedes acceder a toda reportaxe.
Fixérono moooooooi ben, ensaiaron varios días e finalmente o resultado foi fantástico!!!
- E por último, na semana do 20 ao 24 de abril fixemos nos corredores do cole a exposición de fotos de viaxes aportadas polas familias. Quedou ben chula!!!


Gracias a todos e todas por participar.

martes, 17 de marzo de 2015

"21 de MARZO"

O vindeiro sábado, 21 de marzo, temos unha doble conmemoración, esta data está sinalada  como
 "Día da Poesía" e "Día da Árbore".
No cole traballaremos  na seguinte proposta de actividades:
- Elaborar, ilustrar...poesías para seren expostas no recuncho habilitado ao longo do mes de marzo.
Na mañán do luns 23, o alumnado de 6º de Primaria fará a lectura por megafonía de diferentes poemas.
- Plantar varias árbores no patio na mañán do luns 23.
Ademais na biblioteca temos exposta unha selección de libros relacionados con estas dúas temáticas.
Nos seguintes enlaces atopamos recursos para traballar na aula:
CPI da Cañiza           Día da Poesía                Son de Poetas
E para Os Bosques:


O BOSQUE GALEGO

     

mércores, 11 de febreiro de 2015

"Día da Paz no cole"

No cole celebramos o Día da Paz cantando e bailando. Tamén lemos un manifesto e soltamos pombas. Na aula virtual do cole atoparedes fotos do evento.
Clicade na foto


luns, 2 de febreiro de 2015

"A Paz dende CEIP Cabanas"

Aquí vos deixamos un lipdub feito con motivo do "Día da Paz", polos compañeiros e compañeiras do cole de Salcedo: CEIP Cabanas. A canción utilizada:"Está permitido" de Pablo Alborán.
Noraboa polo traballo  a tod@s eles e moitas grazas por compartilo.

mércores, 19 de novembro de 2014

"Dereitos da Infancia"

O día 20 de Novembro de 1989, foi aprobada pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración sobre os Dereitos do Neno. Desde entón, nesta data, celébrase o “Día Universal da Infancia”.
No seguinte vídeo, atopamos unha versión na que se nos recorda que calquera menor é unha persoa con dereito a ter unha familia, ser coidado, protexido e educado, independentemente do lugar no que nacese. Do mesmo xeito, que é unha persoa con dereito a divertirse, ser feliz, aprender e expresarse con liberdade. 
De ahí a importancia de concienciar a tod@s, grandes e pequenos, e traballar en conxunto para que en calquera parte do mundo, todo neno e nena teña unha vida digna e un futuro mellor.

 

Facendo click nas seguintes imaxes, pódese acceder a distintos recursos educativos recopilados por centros educativos  e outras entidades. Grazas a todos os que colaboraron na súa elaboración e decidiron compartilos cos demáis.


CEIP MESTRES GOLDAR

 
CEIP MILLADOIRO

 
Pocoyó y sus amigos nos enseñan los derechos de la infancia
enrédate.org
E para rematar outra fermosa canción

mércores, 24 de setembro de 2014

¡¡¡COMEZAMOS!!!

Benvid@s a todas e todos a este novo curso 2014-2015.
Xa estamos rematando setembro e a biblioteca está lista para abrir unha vez máis as súas portas.
Será o vindeiro 6 de OUTUBRO!!!!!
Pero antes, queremos presentarvos a proposta deste ano para investigar e divertirnos xuntos:
- ¡¡¡DA BIBLIO Á LÚA!!!
Que vos parece??? Sabedes xa de que falamos???,
necesitades pistas???, pois aquí tendes algunha...







Pois si,  imos viaxar loooooonxe, moi lonxe!!!
en BARCO, GLOBO, NAVE ESPACIAL... no que precisemos para chegar onde nos leve a nosa imaxinación.
Xa temos un montón de novidades esperando e pronto teremos unha relación de recursos que iremos ampliando na sección: "Os nosos proxectos"
Agardo que xunt@s fagamos interesantes viaxes por mundos coñecidos ou descoñecidos, e que disfrutedes deles ao longo do ano.
Ata pronto.

sábado, 7 de xuño de 2014

"Exposición de traballos"

O curso vai rematando e as actividades da biblioteca chegan ao seu fin por este curso. Nestas semanas podedes ver na biblioteca a Exposición dalgúns dos traballos feitos ao longo do ano relacionados co noso proxecto "Cal é a orixe de...?".
Con esta exposición e compartindo o que aprendemos pechamos o 2013-2014.

"Contando e contando"

Esta semana os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria de atención educativa dedicaron varias sesións a amosar o traballo realizado ao longo do curso coa profe María C. Os nenos de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria poideron disfrutar coas sesións de contacontos que lles ofreceron.
Prepararon 2 fermosos contos:
- "Voy a comedte" 
- "La ovejita que vino a cenar"
Fixeron as ilustracións para ao Kamishibai, puxeron  voz, música e partindo de cada un deles deixannos estos fantásticos traballos en vídeo. 


Coa axuda do Kamishibai fixeron varias postas en escena das que vos deixamos algunhas fotos:

luns, 2 de xuño de 2014

"Semana das Letras"

As actividades do mes de maio na biblioteca supuxeron unhas xornadas moi especiais dedicadas as LETRAS GALEGAS. Todos e todas disfrutamos con elas, do mesmo xeito que esperamos disfrutedes das fotos deses momentos. 

Letras Galegas 1
E máis...


Letras Galegas 2
E máis aínda na páxina do cole en Normalización lingüística