xoves, 18 de xuño de 2015

Contacontos kamishibai

Ao longo do curso o alumnado de Atención Educativa de 4º de Primaria xunto coa profe María de Ed. Física prepararon dous fermosos contos para o Kamishibai. Na primeira semana de xuño os nenos e nenas de Ed. Infantil e o 1º ciclo de Primaria tivemos o gusto de velos, escoitalos e disfrutar con eles.
Ademais fixeron un vídeo con cada un que aquí vos presentamos. 
Os contos titúlanse:
- La Tarta de Hadas
- Una Piedra extraordinaria


la tarta de hadas from Bibliopiquín on Vimeo.


una piedra extraordinaria from Bibliopiquín on Vimeo.

Contacontos 

mércores, 17 de xuño de 2015

"Letras Galegas 2015"

Celebramos no cole a semana das Letras Galegas e ademais de recompilar moita información sobre Galicia pasámolo estupendamente ben.
Aquí tendes algunhas fotos das diferentes xornadas. Agardamos que vos gusten. Os recunchos preparados polos diferentes ciclos resultaron moi atractivos.

domingo, 17 de maio de 2015

"Letras Galegas no cole"

Xa todo está listo para celebrar no cole a nosa semana das Letras Galegas.
Será unha semana especial, (18-22 de maio), cun toque distinto ao dos últimos anos. Recordamos que este 2015 o autor homenaxeado é Filgueira Valverde.
As actividades xirarán en torno ao noso proxecto:
 “DA BIBLIO Á LÚA, EN GALICIA”. 
Faremos un percorrido polo cole ao longo do cal atoparemos 5 recunchos de traballo. O primeiro dos recunchos atópase na biblioteca e os 4 restantes (cada un deles adicado a unha provincia) nos corredores.
Cada titor e titora dividirá o seu grupo-clase  en  5 equipos de 4/5 nenos e nenas.
Presentación actividade na biblio: As actividades serán presentadas na biblioteca e alí serán dadas todas as instrucións. Os profes empezarán a actividade lendo a CARTA DE PIQUÍN  e repartindo a cada equipo os Cadernos de Bitácora coas instrucións e os mapas co percorrido.
No percorrido polo cole atoparemos os recunchos de traballo, polos cales rotarán os diferentes  equipos, sinalizados con nome e o Nº correspondente do seguinte xeito:
1   -  Biblioteca
2   -  Coruña (zona aula inglés – 4º/5º)
3   - Lugo (zona 3º)
4   -  Ourense (zona Infantil)
5   - Pontevedra (zona carteis – acuario)
Cada equipo deberá levar a cabo as seguintes tarefas:
Recuncho Biblioteca,
-        Mural: pega as fotos dos lugares no caderno e completa co seu nome e a provincia
-        Bibliografía: dar resposta e completar os datos requiridos  relacionados coa bibliografía do proxecto.
Recuncho Coruña,
-        Buscar datos no panel: faros e catedral
-        Resolución de 2 sudokus.
Recuncho Lugo,
-        Buscar 5 lugares no panel
-        Resolución de 2 puzzles
Recuncho Ourense,
-        Buscar 3 lugares no panel
-        Busca de fotos nas que aparece Piquín
Recuncho Pontevedra,
-        Buscar no panel 5 elementos de viaxe.
-        Collage: composición con fotos de Filgueira Valverde e lugares de Pontevedra.

En cada recuncho  haberá un  sobre co material de actividades para cada equipo: follas de actividades, fotos, puzles, datos… O equipo 1 empeza no recuncho 1 e logo continuase a rolda tendo 15´ por recuncho. Unha vez rematado o tempo  cambiamos de recuncho rotando segundo a orde numérica. Os equipos que rematen antes do tempo deben esperar a que o/a mestre-a dé a sinal que indica cambio.
Cada equipo levará un caderno de bitácora que se repartirá na Biblioteca ao inicio da actividade.
Cada titoría fará unha posta en común da actividade, de xeito que cada equipo expoña aos seus compañeiros e compañeiras o traballo realizado, as dificultades, o que máis lles gustou…
Cada titoría decidirá o xeito de recompilar os materiais para a aula: murais, libro…
Na biblioteca farase un álbum cos collage sobre Filgueira Valverde.
Días por niveis:
- Luns 18 maio: 6º A E. Primaria/Infantil 3 anos (2ª-3ª / 4ª-5ª)
- Martes 19 maio: 5º E. Primaria/Infantil 5 anos (A: 2ª-3ª / B: 4ª-5ª)
- Mércores 20 maio: 4º E. Primaria/1º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Xoves 21 maio: 3º E. Primaria/ 2º E. Primaria (A: 1ª-2ª / B: 4ª-5ª)
- Venres 22 maio: 6º B E. Primaria/Infantil 4 anos (1ª-2ª / 4ª-5ª)
Agardamos xa a vosa visita.

venres, 8 de maio de 2015

"Principiñas e princesiños"

A educación emocional é un proceso educativo, continuo e permanente, indispensable día a día para poder enfrontarnos mellor aos retos que se nos presentan na vida.
A escola debe asumir a súa parte de responsabilidade neste proceso dirixido ao desenvolvemento integral do individuo e propiciar dentro do seu proxecto formativo a competencia emocional do alumnado. 
Aquí temos un vídeo sobre un traballo con nenos e nenas de 4º de Primaria de diferentes centros públicos de Pontevedra, resumo dunha actividade sobre a identificación e expresión das emocións básicas.
É un proxecto de Jone Ojeda,vídeo realizado por: el espejo mágico producciones.

Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.

domingo, 3 de maio de 2015

"Letras Galegas 2015"


J.F. Filgueira, a los 17 años..jpg
Xa estamos no mes de maio e falta moi pouquiño para o domingo 17, día no que terá lugar a celebración das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra, e por iso este ano a actividade no cole terá un sentir máis especial.
Este ano a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras pola súa adicación a divulgación da língua e a cultura galega. 
Nos seguintes enlaces podemos consultar a sua biografía e obra e tamén ver algún vídeo relacionado:
filgueiravalverde
Vida e obra de Filgueira Valverde
Pronto daremos máis información sobre a actividade que xa se está preparando no cole para esas datas. Teremos sorpresas, haberá grandes novidades!!!


Mentres aquí vos deixamos o seguinte video:

"Día do Libro no cole"

Sabemos que o mes de Abril é un mes con moita actividade no noso cole. Este curso non podía ser menos e dende o 1 ao 30 tivemos actividades que nos gustaron moito.
- Para comezar varios niveis visitaron a Biblioteca Pública e disfrutaron de estupendos contacontos.
- En 2º lugar, no cole, os nenos e nenas de 6ª de Primaria prepararon varias historias para contar ao resto dos rapaces e rapazas de todo o centro.
Clicando na páxina de Normalización Linguística: Alborada do Lérez
ou abaixo na foto, podedes acceder a toda reportaxe.
Fixérono moooooooi ben, ensaiaron varios días e finalmente o resultado foi fantástico!!!
- E por último, na semana do 20 ao 24 de abril fixemos nos corredores do cole a exposición de fotos de viaxes aportadas polas familias. Quedou ben chula!!!


Gracias a todos e todas por participar.

martes, 17 de marzo de 2015

"21 de MARZO"

O vindeiro sábado, 21 de marzo, temos unha doble conmemoración, esta data está sinalada  como
 "Día da Poesía" e "Día da Árbore".
No cole traballaremos  na seguinte proposta de actividades:
- Elaborar, ilustrar...poesías para seren expostas no recuncho habilitado ao longo do mes de marzo.
Na mañán do luns 23, o alumnado de 6º de Primaria fará a lectura por megafonía de diferentes poemas.
- Plantar varias árbores no patio na mañán do luns 23.
Ademais na biblioteca temos exposta unha selección de libros relacionados con estas dúas temáticas.
Nos seguintes enlaces atopamos recursos para traballar na aula:
CPI da Cañiza           Día da Poesía                Son de Poetas
E para Os Bosques:


O BOSQUE GALEGO

     

mércores, 11 de febreiro de 2015

"Día da Paz no cole"

No cole celebramos o Día da Paz cantando e bailando. Tamén lemos un manifesto e soltamos pombas. Na aula virtual do cole atoparedes fotos do evento.
Clicade na foto


luns, 2 de febreiro de 2015

"A Paz dende CEIP Cabanas"

Aquí vos deixamos un lipdub feito con motivo do "Día da Paz", polos compañeiros e compañeiras do cole de Salcedo: CEIP Cabanas. A canción utilizada:"Está permitido" de Pablo Alborán.
Noraboa polo traballo  a tod@s eles e moitas grazas por compartilo.

mércores, 19 de novembro de 2014

"Dereitos da Infancia"

O día 20 de Novembro de 1989, foi aprobada pola Asamblea das Nacións Unidas a Declaración sobre os Dereitos do Neno. Desde entón, nesta data, celébrase o “Día Universal da Infancia”.
No seguinte vídeo, atopamos unha versión na que se nos recorda que calquera menor é unha persoa con dereito a ter unha familia, ser coidado, protexido e educado, independentemente do lugar no que nacese. Do mesmo xeito, que é unha persoa con dereito a divertirse, ser feliz, aprender e expresarse con liberdade. 
De ahí a importancia de concienciar a tod@s, grandes e pequenos, e traballar en conxunto para que en calquera parte do mundo, todo neno e nena teña unha vida digna e un futuro mellor.

 

Facendo click nas seguintes imaxes, pódese acceder a distintos recursos educativos recopilados por centros educativos  e outras entidades. Grazas a todos os que colaboraron na súa elaboración e decidiron compartilos cos demáis.


CEIP MESTRES GOLDAR

 
CEIP MILLADOIRO

 
Pocoyó y sus amigos nos enseñan los derechos de la infancia
enrédate.org
E para rematar outra fermosa canción